Sen categoría

Elena Candia: “fronte a unha Xunta que inviste en Lugo temos a un alcalde sen modelo propio de cidade, que foi á xuntanza con Rueda sen propostas novas, nin deberes feitos”

By 2 Xullo, 2025No Comments

• Lugo perde oportunidades co ritmo e coa falta de xestión do seu alcalde: Proxectos clave paralizados por un goberno que non coida da súa xente, que minte, que se contradí e que actúa con pouca transparencia.

A voceira do Partido Popular indicou que a reunión de onte do alcalde co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirma que “temos unha administración autonómica que inviste en Lugo e que demostra que apoia os proxectos que liderou o Partido Popular e sempre mostra disposición a colaborar. Iso hai que agradecelo”.

“Nun contexto no que aos lucenses se nos pide un esforzo subíndonos os impostos resulta decepcionante que Miguel Fernández acudise a esta xuntanza, que debía ter sido trascendental para dinamizar o municipio, cos deberes sen facer, sen nin un só proxecto novo, sen ambición, sen modelo de cidade e sen capacidade de xestión”

A popular salientaba que “o municipio non pode vivir eternamente empezando de cero xa que aínda tendo os recursos este goberno local non é capaz de darlle solución aos problemas dos lucenses e por esta razón dicimos que Lugo necesita un cambio”.

Mentiras que frean proxectos como:

* Da PRAIA FLUVIAL anos perdidos de gozar desta instalación: Estiveron moitos anos faltando á verdade pero a perserverancia e o traballo con rigor que fixemos dende o Partido Popular evidenciou as súas mentiras. Dixeron que non se podía facer a zona de baño pública nos Robles porque denegaran esta localización pero demostraron que foi o goberno local quen desistiu do proxecto.

Neste mandato votaron ata en tres ocasións en contra e na proposición que en enero de 2024 presentaron reclamando á Xunta ubicación alternativa o alcalde chegou a dicir que “ubicala nos Robles é tanto como non querer a praia fluvial na práctica”

* Sobre a reforma das instalacións actuais da PROTECTORA. Miguel Fernandez mentiu cando dixo que a Confederación Hidrográfica Miño Sil non autorizaba a facer obras na instalación actual, xa que o requisito era que se salvase o cauce do rio intermitente que pasa por alí. A realidade é que a CHMS resolveu favorablemente ao proxecto que se presentou por parte da Protectora recentemente.

Lembrar que o alcalde votou ata en CATRO OCASIÓNS en contra de intervir nas actuais edificacións.O BNG chegou a apoiar o proxecto na deputación (pleno 27 de febreiro 2024) pero no concello votou en contra (29 de febreiro de 2024).

Falta de traballo que frena proxectos como:

* No antigo pavillón da OJE, o primeiro paso ten que dalo o Concello. Sen redefinir o seu encaixe urbanístico non se pode desenvolver. Hai que executar a unidade de intervención número 2 do PEPRI. Se gobernásemos nós, este proxecto xa estaría encamiñado

* Sobre o Centro de Saúde do Sagrado Corazón. Nos contestan en xullo de 2023 que faltan “os últimos flocos” para ceder os terreos, pero agora falan de expropiación, podían tela feita xa daquela. Están enganando aos lucenses e iso non o imos permitir. O rigor e a perseveranza desta oposición están poñendo en evidencia as súas falsidades.

* Novo pavillón. A Xunta mantén o compromiso de colaborar no financiamento comprometido no ano 2021 e mentres tanto o concello segue sen ter clara a ubicación e sen proxecto de construcción.

* O concello non ten interese en que avance a obra de abastecemento e saneamento en Esperante a pesar do compromiso da Xunta de financiar gran parte desta intervención.

* Cuartel de San Fernando: o concello non actualizou o valoración da envolvente do edificio. Hai que ter en conta que dende que renunciaron aos fondos europeos en xuño de 2023 non se preocuparon en facer este traballo.

Lugo precisa un CAMBIO

É por todo isto que dicimos que Lugo precisa un cambio. Un cambio para deixar atrás a improvisación e apostar por un proxecto serio, con modelo e con xestión.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies