
Solicitamos a limpeza das cunetas na vía municipal e a reparación do firme na estrada nacional
O Partido Popular pide que se acometan as obras necesarias para eliminar a balsa de auga que se forma na N-540, no punto quilométrico 8.800, á altura da parada do autobús, unha situación que se repite cada vez que chove e que pon en risco a seguridade de peóns e condutores.
A orixe do problema nesta vía está nas cunetas sen limpar, tanto na vía municipal como na propia nacional, o que provoca que a auga que baixa pola estrada local acabe acumulándose na naciona e deteriore o firme.
Por este motivo, o Grupo Municipal do PP solicitou ao goberno local a limpeza inmediata das cunetas da estrada municipal que desemboca na N-540, mentres que os deputados e senadores lucenses do Partido Popular xa trasladaron ao Goberno de España a necesidade de reparar o firme e mellorar o drenaxe neste punto.
“A responsabilidade é compartida: o Concello debe actuar na estrada municipal e o Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes, na nacional”, afirmaron os deputados e senadores que visitaron a zona.
Esta petición xorde despois de que a veciñanza trasladara o seu malestar nunha das reunións de escoita activa que o Grupo Popular celebra por todo o municipio.
“Este é outro exemplo de política útil, na que o PP atende as demandas dos veciños e busca solucións por dúas bandas: no ámbito municipal e tamén no nacional, para dar solucións aos problemas reais da xente”.