Sen categoríaServizos sociais

Denunciamos a falta de cobertura dunha praza vacante na Escola Infantil Gregorio Sanz dende hai case un ano

By 4 Setembro, 2025Sin comentarios

Lugo, 4 de setembro de 2025. – O Grupo Municipal do Partido Popular vén de denunciar a situación que se vive na Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz, onde unha praza de educadora permanece sen cubrir dende outubro de 2024. Esta demora está a provocar unha evidente deficiencia no servizo educativo e unha sobrecarga de traballo para o persoal existente.

Os populares consideran inaceptable que unha praza esencial permaneza vacante durante tanto tempo, e critican a falta de dilixencia da administración municipal na súa cobertura. Ademais, lembran que esta situación supón unha discriminación respecto doutros centros educativos municipais, onde as necesidades de persoal foron atendidas cunha maior axilidade.

O PP defende que é imprescindible garantir a igualdade de trato entre todas as escolas infantís municipais e asegurar unha atención educativa de calidade para o alumnado e as súas familias, cumprindo coa normativa en materia de contratación.

Por iso, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita a cobertura inmediata e provisional da praza vacante na Escola Infantil Gregorio Sanz, conforme á normativa de contratación e a adopción de medidas de planificación que permitan unha maior axilidade na xestión de futuras vacantes, evitando situacións prolongadas de desatención.

“Estamos a falar dunha cuestión de xustiza e de calidade na educación infantil. As familias e os nenos e nenas da Escola Gregorio Sanz merecen o mesmo trato e os mesmos recursos ca o resto de centros municipais”, subliñou Elena Candia, voceira popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies