Sen categoría

DECLARACIÓN BIC DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA

By 23 Xuño, 2025No Comments

Este recoñecemento é froito dun traballo conxunto que conseguimos entre todos. Así valorou a voceira popular, Elena Candia, o acordo do Consello da Xunta de Galicia que declara a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural Inmaterial.

Para os populares, esta é unha excelente nova para Lugo, que nos enche de alegría e orgullo, porque se recoñece o valor dunha tradición única que forma parte do noso patrimonio inmaterial e da identidade dos lucenses.

Elena Candia destacou que esta declaración encaixa co modelo de cidade que defendemos: poñer en valor o noso, o auténtico, como recurso turístico e cultural. “Cada cidade debe reivindicar o seu, coidalo e reforzalo. A Ofrenda é unha das nosas singularidades e temos o deber de mantela viva”, subliñou.

Desde o Partido Popular promovemos no ano 2020 unha acción conxunta cos sete concellos que participan na Ofrenda para impulsar este recoñecemento. En maio de 2024 volvemos presentar unha iniciativa no Pleno do Concello de Lugo para darlle un novo e definitivo impulso.

Este logro é tamén reflexo da sensibilidade e implicación da Xunta de Galicia, que entendeu que esta cerimonia representa unha parte esencial do noso pasado, presente e futuro como cidade.

Un orgullo para Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies