Sen categoría

De proxecto transformador a hipoteca para os lucenses: o Corazón Verde pasa factura meses despois da súa inauguración

By 10 Febreiro, 2026Sin comentarios

O PP xa advertiu en 2023 “da fraxilidade do pavimento” lamentando que cada vez haxa máis desperfectos e parches nas rúas do casco histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta das hipotecas dos proxectos fallidos executados polo propio goberno, que condicionan o presente e o futuro económico da cidade.

Un dos exemplos máis claros é o da peonalización do casco histórico, coñecido como Corazón Verde, no que se gastaron uns 10 millóns de euros de fondos europeos. Un proxecto presentado como transformador e que hoxe deixa unha realidade ben distinta: un pavimento fráxil, con fendas e desperfectos constantes en numerosas rúas do centro.

O PP lembra que xa en 2023 advertiu publicamente (xullo de 2023 d no propio pleno extraordinario de novembro de 2023) da fraxilidade do pavimento empregado, dun modelo que non supuña unha peonalización real e que non estaba preparado para soportar o tráfico existente. O tempo, sinalan, deulles a razón, convertendo esa actuación nunha nova hipoteca económica para Lugo, ao obrigar a realizar reparacións continuas con cargo aos cartos públicos.

Desde o Grupo Popular insisten en que non se pode falar de sostibilidade nin de boa xestión mentres se sigan executando proxectos sen planificación rigorosa, desoíndo informes técnicos e comprometendo recursos públicos durante anos para arranxar actuacións mal deseñadas desde a súa orixe.

“O problema de Lugo non é a falta de ingresos, senón un goberno que gasta sen control e deixa facturas a futuro”, conclúen os populares, que reclaman rigor, planificación e responsabilidade na xestión económica municipal

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies