
Se os datos recollidos durante 40 días superan os límites permitidos, activarase o protocolo e valorarase a instalación dunha segunda estación fixa, complementaria á que xa ten a empresa que opera na zona.
O Partido Popular informou da posta en funcionamento dunha unidade móbil que está a medir a calidade do aire en Nadela desde finais de outubro, unha actuación da Xunta de Galicia que dá cumprimento ao acordo aprobado por unanimidade no Pleno do Concello de Lugo, a petición da veciñanza.
A citada unidade permanecerá durante 40 días recollendo datos oficiais, públicos e contrastables para determinar se é necesario instalar unha segunda estación fixa medidora da calidade do aire. Se se detectan valores por enriba dos límites permitidos, activarase de inmediato o protocolo correspondente e estudarase a ubicación dunha segunda estación fixa.
Na actualidade xa existe unha estación, situada en San Xoán de Pena, propiedade da empresa maderera que opera na zona.
PSOE e BNG avalaron a petición no Concello pero rexeitáronna no Parlamento galego
A proposta para instalar unha segunda estación foi aprobada por unanimidade no Pleno do Concello, pero nin o PSOE nin o BNG apoiaron esta mesma iniciativa no Parlamento de Galicia, a pesar da preocupación trasladada por familias da contorna, especialmente da zona do Villar, onde nalgúns momentos se perciben leves molestias respiratorias.
Cristina Sanz aseguraba que: “Neste tema non hai alarmismo, hai responsabilidade: garantir a mellor información posible para protexer a saúde das persoas e dar resposta á preocupación das familias de Nadela. Iso é facer política útil”, conclúe o Partido Popular.
