Sen categoría

Conseguimos o ACORDO UNÁNIME para impulsar medidas que melloren á imaxe e a seguridade en Nadela tal e como leva demandando a veciñanza dende hai anos

By 27 Novembro, 2025Sin comentarios

PSOE e BNG votaron en contra do saneamento e abastecemento en Esperante e Ombreiro. Nós seguiremos traballando ata conseguilo; o goberno local tamén rexeitou de reforzar a seguridade nos Camiños de Santiago ao seu paso por Lugo

   As respostas de socialistas e nacionalistas ás preguntas e rogos que presentamos volveron ser evasivas, sen prazos, sen compromiso e sen solucións xa que se limitan a dicir que “se estudará”, “que se verá” ou “que contactarán”, pero non hai unha soa data, nin un compromiso concreto

Hoxe demos un paso importante para Lugo CONSEGUIMOS o acordo unánime do pleno para reivindicar que se adopten medidas para mellorar a imaxe e a seguridade na entrada a Nadela. Son peticións moi concretas: iluminación da rotonda e a humanización da súa travesía.

Nós asumimos un compromiso coa veciñanza de Nadela, que leva dende o ano 2011 escoitando promesas que nunca se cumpren por parte do goberno do PSOE e do BNG de Lugo, e levamos estas reclamacións ata en dúas ocasións neste mandato ao pleno do concello. Agora que apoian esta demanda de forma unánime estaremos pendentes de que se pase do dito ao feito.

 

Socialistas e nacionalistas VOTARON EN CONTRA das outras tres iniciativas que defendemos no pleno relacionadas coa seguridade dos camiños de Santiago ao seu paso polo Concello de Lugo e ao saneamento e abastecemento en Ombreiro e en Esperante.

 

O convenio para dotar de saneamento a esta última parroquia, Esperante, xa se acordou entre o Pte da Xunta e a alcaldesa Lara Méndez. No medio das negociación dado un retraso inxustificado, pola falta de traballo do concello de Lugo, a veciñanza desta parroquia reclamou que se incluise o abastecemento no proxecto.

Unha vez incluídas as dúas intervencións estando prevista a sinatura do convenio:

  1. Primeiro dixeron que non o asinan porque só están de acordo co saneamento.
  2. Preguntamos se era por falta de recursos, e confirmaron que si
  3. Ofrecemos colaboración para facelo viable
  4. E entón rectifican e din que tampouco queren incluír o abastecemento, a pesar de que fora unha petición veciñal e estaba acordada.

En definitiva, unha vez máis a pesar de tener un compromiso explícito, non avanzan porque non queren que se faga esta actuación e a prexuicada é a veciñanza de Esperante que segue sen saneamento e abastecemento.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies