
1. Solicitamos o 14 de febreiro o acceso ao expediente do PAI “Novo Norte” e o 24 de febreiro nos contestan que non estaba completo “todavía es objeto de trabajo, y hasta que este se dé por finalizado no procede su consulta y análisis”. Volvemos a solicitar o 23 o permiso para revisar esta documentación e nos emprazan para o 2 de maio.
2. Unha vez concedido o acceso comprobamos que non existía ningún documento que concretase itinerarios de accesibilidade nin conectividade entre a Intermodal e o centro da cidade. Nada que fixera referencia a idea que presentou o PP.
3. A proposta que presentamos o día de onte forma parte das nosas alegacións aos orzamentos municipais que rexistramos o pasado 28 de xaneiro e na que solicitabamos destinar unha partida de 180.000€ para a redacción dun proxecto que habilite as medidas necesarias para achegar a Estación Intermodal ao centro de Lugo. A solución que fixemos pública onte é froito dun traballo rigoroso que levamos desenvolvendo máis dun ano e que conta co apoio da Mesa de Urbanismo do Grupo Municipal do PP.
4. Resulta esperpéntico que o goberno se moleste porque a oposición traballe e propoña, e máis aínda que nos acuse de “plaxiar” un documento que nin presentaron, nin difundiron, nin incluíron no expediente. Para que exista plaxio ten que existir primeiro unha proposta real.
5. A reacción do goberno local, acusando á oposición de plaxio sen base algunha, é propia dun executivo máis preocupado por controlar os tempos da comunicación que por facer o seu traballo. Resulta moi significativo que, logo de 25 anos no goberno, a súa maior preocupación sexa adiantarse nunha proposta ao Partido da oposición, en lugar de facer que as cousas pasen.
6. Cando non existe ningún documento previo, nin constancia pública da súa proposta falar dun plaxio, si efectivamente a nivel interno teñen algún traballo feito que nós descoñecemos, a reacción do goberno é froito dunha desconfianza interna.
7. Nós seguiremos a nosa folla de ruta, traballando con rigor, planificación e transparencia, propoñendo solucións reais para Lugo e defendendo os intereses dos lucenses.
As ideas dos gobernos non se plaxian: desfrútanse, porque teñen que
executarse.