
Os populares lembran que o edificio está nun solar que foi cedido polo Concello para a construción da estación e que, se deixase completamente ese uso, revertería á administración municipal, polo que consideran que é o momento de definir un proxecto para este espazo da cidade.
O Grupo Popular anunciou que rexistrará unha iniciativa para que o pleno do Concello de Lugo debata e se posicione sobre o futuro do edificio da actual estación de autobuses e da súa contorna, unha cuestión que cobra especial relevancia a medida que avanzan as obras da nova estación intermodal.
Os populares coinciden coa preocupación expresada pola asociación Lugo Monumental e consideran que “é o momento de abrir un debate serio sobre que cidade queremos neste espazo estratéxico”.
Ademáis lembran que dentro do propio goberno local existen posicións diferentes sobre este asunto. Mentres o BNG propuxo un gran parque central neste ámbito, o PSOE non se pronunciou publicamente sobre cal é o seu modelo.
Ante esta falta de definición, o PP considera necesario que o pleno se pronuncie. Por iso, na iniciativa que levarán ao pleno propoñen estudar a proposta formulada por Lugo Monumental para conservar o edificio da actual estación de autobuses, habilitando nel un intercambiador que facilite a conexión co transporte urbano e creando unha zona verde, todo elo no espazo que ocupan actualmente as dársenas.
Ademais, os populares propoñen buscar a colaboración entre as administracións implicadas para analizar a viabilidade desta proposta e avanzar nun proxecto consensuado para este ámbito da cidade.
Neste sentido, lembran que o edificio da estación está situado nun solar que foi cedido no seu día polo Concello para a construción desta infraestrutura. Se deixase completamente ese uso, ese terreo reverte novamente á administración municipal, o que sitúa no goberno do Concello de Lugo a responsabilidade de dicir que proxecto ten para este lugar”, sinala

