
O goberno local licita un contrato que supón un desembolso das arcas municipais de case tres millóns de euros cando hai un informe desfavorable de intervención que certifica que de seguir con este contrato e con estas condicións “ponse en perigo a sostibilidade económica xa que se gasta máis do que se ingresa poñendo en perigo a estabilidade financeira e compromentendo as accións de futuro”.
Crónica dunha privatización
O 16 de xullo de 2025 apróbase en Xunta de Goberno Local o novo prego de condicións do servizo de xestión, mediación cultural e atención ao público do Vello Cárcere.
Informe do servizo de intervención emitido 23 de maio de 2025: o interventor acredita, no seu informe desfavorable, relativo ás bases de contratación nas que di que os criterios subxectivos de valoración non están ben redactados: “finalmente no que se refire aos criterios suxeitos a xuízo de valor, tense advertido en varias ocasións sobre a necesidade de que a súa definición se realice en termos axeitados de compresión para os licitadores daqueles aspectos que efectivamente van ser obxecto de enxuizamento. É dicir, os criterios de valoración han de estar correctamente desenvoltos nos pregos, non só en canto á definición do criterio en si, senón tamén aos aspectos concretos que en relación co devandito criterio van ser tidos en conta na valoración” engade que no caso que nos ocupa, obsérvase que isto non se cumpre nalgúns casos e cita:
Proyectos de visitas guiadas. Valorables hasta un máximo de 5 puntos
Proyectos de dinamización de la Biblioteca
Proyectos de programación de actividades para el Espacio de Ocio Infantil
Plan de Comunicación y gestión de la web y redes sociales
O xefe de servizo de cultura contesta este informe con data de 17 de xuño de 2025 e define con datos obxectivos estes catro apartados para que a valoración do contrato teña unhas garantías
Hai un segundo informe de intervención do 7 de xullo de 2025 que indica “nada se informa respecto da repercusión do contrato nos principios de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financiera, polo que se mantén esta observación:
O prezo do contrato cuxa aprobación se propón ascende a 560.541,18 ano, o que supón un incremento sobre o anterior contrato adjudicado a ALENTI SOLUCIONES PARA EVENTOS,S.L, DO 71%, polo que debera reflexionarse sobre a capacidade do Concello de Lugo, concretamente da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lengua, de manter a súa estabilidade financiera a longo prazo, á vista da duración do contrato cuxa licitación se propón, cubrindo os seus gastos sen comprometer a súa viabilidade futura, o que impolica asegurar ingresos estables e xestionalos de maneira eficiente.
O novo contrato: Incrementan horas peor pagadas
A licitación do contrato de xestión do Vello Cárcere foi obxecto estes días de denuncias dos sindicatos que alertaban das condicións salariais do persoal. Logo de estudar horarios o expediente comprobamos que non só non se garanten os dereitos dos traballadores senón que tamén observamos que se poñen en risco postos de traballo.
1. Unha proba de que se esixe que se fagan máis horas pero se paguen menos: No ano 2019, no grupo 1 se pagaba o prezo hora a 17,51 sen IVE, se nos vamos ao prezo de licitación do ano 2025 a licitación era de 16,08 sen IVE. O que ocorre é que o prezo de contrato se incrementa porque exisen máis horas polo que diminúe o que se paga por hora.
2. Minten cando din que o incremento do contrato é por garantizar melloras aos traballadores xa que neste caso se repite o que denunciamos co programa Aprende Xogando, xa que non se garante a subrogación do persoal e, por tanto, hai risco de despidos
A modo de exemplo para o posto de recepeción agora se pretende cubrir con dúas persoas pero se se quere cumprir o convenio; a cobertura de vacacións, posibles baixas … farían falta tres. Esta proposta arguméntana nun estudo de custes de persoal a subrogar que usa un documento desactualizado de novembro de 2024 (non se ten en conta a carestía da vida, nin actualizacións salariais).
3. Hai que destacar que o incremento respecto do contrato anterior produce beneficio industrial e incremento das horas de servizo tal e como figura nun informe de cultura do expediente.
Modelo de xestión do Partido Popular
O Partido Popular aposta pola xestión directa do Vello Cárcere, implicando ás institucións que son referentes como o Grao de Xestión Cultural. Apostamos por optimizar as infraestruturas e dotacións municipais do Concello e marcar unha estratexia global e de traballo en rede que nos permitirá dotar de contido específico a cada un dos edificios culturais que temos.
A cultura debe ter un peso específico xa que é un dos grandes activos económicos e de xeración de emprego por iso nós non compartimos a estratexia do PSOE e do BNG que mantén o servizo cun contrato caducado, con problemas de pago de facturas e agora cando o saca a licitación parece que o que máis lles preocupa é o beneficio de a empresa.