InfraestruturasMobilidade

Casás reivindica accesos seguros, rameos das árbores e protección do tendido eléctrico

By 6 Maio, 2025No Comments

O Grupo Popular trasladará ao goberno local as peticións recollidas nunha xuntanza coa veciñanza do barrio de Casas, na que participou a voceira Elena Candia e varios concelleiros da agrupación local. Durante o encontro, os residentes explicaron a necesidade de mellorar os accesos ás súas vivendas, xa que actualmente non poden entrar ambulancias, unha situación que preocupa especialmente en caso de emerxencia.

A veciñanza lembrou que existía un compromiso de Lara Méndez para expropiar un terreo e habilitar unha entrada segura para vehículos de urxencia, pero ata o momento ese compromiso quedou en papel mollado.
Outra das cuestións que preocupa aos residentes é a falta de mantemento das árbores da contorna: nin se desbroza nin se poda con regularidade, asemesmo piden medidas para protexer o tendido eléctrico.

Ademais, recollemos a demanda de corrixir a sinalización municipal, que identifica de forma errónea como Monte Pena Rubia a vía que conecta a Avenida de Breogán con Casas, provocando confusión na localización dos domicilios, mesmo para servizos sanitarios ou de repartos.

Durante a visita, o PP explicou os detalles da actuación que está a levar a cabo nesta estrada a Xunta de Galicia, cun investimento de 48.000 euros para mellorar a drenaxe na zona. Aproveitando esta intervención, Elena Candia instou ao goberno local a intervir na canalización da escorrentía que baixa pola pendente desta rúa municipal e que se sigue acumulando en varios puntos da calzada, xerando inseguridade e deterioro.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies