Sen categoría

Candia: “o deseño do futuro centro integral de saúde, que incorpora a demolición do muro de ASPNAIS, reflexa do modelo de cidade do PP”

By 19 Xuño, 2025No Comments

• Ademais de ofrecer un servizo pioneiro en saúde mental, cun investimento de 3,2M€, esta intervención terá un impacto positivo na contorna urbana desta zona: eliminarase un tapón urbanístico na rúa San Xillao; gáñase espazo público e mellorase a mobilidade

• Esta actuación debería estar terminada en 2018 (PSOE e BNG tiñan sete, anos contando a partir de 2011 cando se aprobou o PXOM, para desenvolver esta UNIDADE DE ACTUACIÓN), pero chega agora grazas á proposta da Comisión de urbanismo do Partido Popular e logo de contar co consenso de Alume e de Política Social

• Demostramos que somos parte da solución: damos valor a unha dotación social imprescindible e abrimos o camiño para o desenvolvemento da Avenida Vilaverde, e mentres tanto PSOE e BNG despilfarran diñeiro en proxectos inútiles como o Impulso Verde, o Coliving ou as Caldas… nós traballamos con rigor e impulsamos proxectos transformadores”

Xoves, 19 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal do Partido Popular conseguiu que a Xunta incluíse no proxecto do novo centro de saúde mental —cuxa licitación se fixo pública esta semana— a demolición do muro que rodea a parcela da antiga sede de ASPNAIS, na Rúa San Xillao.

Esta actuación non estaba inicialmente contemplada, pero foi incorporada grazas á proposta realizada pola Comisión Técnica de Urbanismo do PP de Lugo, que traballou con rigor e trasladou esta achega á Secretaría Técnica da Consellería de Política Social o pasado 3 de xuño. Logo de consensuar a proposta con Política Social e con ALUME, logrouse o compromiso político para avanzar nun proxecto máis aberto e integrador para a cidade.

Anunciamolo hoxe tendo en conta que a licitación deste centro pioneiro en saúde mental se presentou antonte e que o proxecto xa contempla eliminar este peche exterior “demostramos, unha vez máis, que non só detectamos os problemas urbanísticos da cidade, senón que somos parte da solución”.

Compromiso real coa mobilidade

A demolición deste peche permitirá abrir o espazo e integrar esta dotación no barrio. Gáñanse 90 metros de fronte por seis de fondo na rúa San Xillao, ampliando a calzada uns seis metros, o que contribuirá a mellorar o tráfico e a seguridade viaria nunha rúa de dirección única moi utilizada tanto por vehículos como por peóns. Hai que ter en conta que este paso é a conexión natural da veciñanza que vén de Fontiñas cara ao centro .

Esta intervención anticípase á unidade de actuación prevista no PXOM, que segue sen desenvolver por parte do Concello. A actuación podería terse iniciado cando se aprobou o PXOM en 2011 (nos cinco primeiros anos o concello debería ter redactados o proxecto de desenvolvemento e de equidistribución; nos dous seguintes tiña que ter excutada a urbanización. Polo que os prazos están amplamente superados)

O proxecto inclúe tamén a cesión de zonas sen uso edificable, que serán adecentadas mellorando o aspecto da contorna. A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, que compareceu acompaña por integrantes da Comisión de urbanismo do PP, por concelleiros e Javier Arias explicaba que esta actuación forma parte do noso modelo de cidade “máis integrador, accesible e ordenado”.

A xestión do PP.-

Con este proxecto de derrube do muro da Rampa de Claudio López sumaríamos o QUINTO TAPÓN URBANÍSTICO que o PP elimina nesta zona lembrando como cando o Partido Popular estivo no goberno se suprimiron os tapóns en: Caiñós, Carril das Hortas, Carril das Flores ou Ramón Montenegro e tamén se fixo a conexión polo Carril dos Indios con San Eufrasio e a propia obra de urbanización de San Eufrasio, que asumiu a Xutna e que supuxo a conexión do final de Fontiñas con San Eufrasio e a mellora deste tramo da Segunda Ronda. Agora, desde a oposición, volvemos ser útiles con propostas como esta que melloran a cidade.

Os populares concluiron que “seguimos demostrando que hai outra forma de facer cidade: sen escusas e sen bloqueos lembrando como para o barrio de Fontiñas tamén vimos de conseguir, no pasado consello da xunta que se celebrou o 12 de maio en Lugo, o apoio do goberno autónomico para financiar a construción dun aparcadoiro público na ronda de Fontiñas, ainda que por parte do Concello só recibimos unha negativa” engadindo que “seguiremos traballando para que sexa unha realidade”.

Licitación proxecto Centro de Saúde Mental LUGO.-

O martes 16 de xuño publicouse a licitación, por un importe de 125.660,27 €, da redacción do proxecto básico e de execución, o estudo de seguridade e saúde, e a dirección de obra do futuro Centro de Saúde Mental que se situará na antiga sede de Aspnais, na Rampa de Claudio López.

A Xunta de Galicia investirá 3,6 millóns de euros na reforma integral deste edificio, que contará con 80 prazas e incluirá:
✔️ Centro de día
✔️ Centro residencial
✔️ Área social
✔️ Zonas polivalentes de uso común

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies