Sen categoría

Cabarcos: “O Carme segue no século XIX porque PSOE e BNG non fan o seu traballo: nin modificación do PXOM, nin concurso de ideas, nin proxecto real. Só anuncios e parches”

By 3 Novembro, 2025Sin comentarios

O PP pedirá un pleno extraordinario para buscar solucións e rexenerar este barrio emblemático de Lugo

O Partido Popular de Lugo explica que, malia as promesas do goberno local, o barrio do Carme segue , cunha intervención mal executada e sen un proxecto serio que impulse a súa recuperación.

O concelleiro popular Ramón Cabarcos explicou que “o Concello limitouse a facer unha actuación superficial que non resolveu nada, dentro do seu proxecto de pinta e colorea”. “Puxeron solo impermeable que agrava as escorrentías, non completaron as instalacións e eliminaron prazas de aparcamento sen ofrecer alternativa algunha”. Nin se fixou poboación, nin se incentivou a rehabilitación, nin se dinamizou económica e socialmente esta zona”

Nese senso o concelliero popular lembrou como o goberno local bloquea a construción dun aparcadoiro de 40 prazas, a pesar de existir un convenio asinado en 2023 polo que a confraría cedía os terreos detrás da Igrexa en Poeta Noriega Varela.“Levan dous anos perdidos e cero avances”

Promesas incumpridas e contradicións urbanísticas

No Pleno de setembro de 2023, a raíz dunha proposición do Grupo Popular, o goberno local comprometeuse a modificar o PXOM do barrio unha vez estivese en vigor o 5% do planeamento.

Ese 5% entrou en vigor o 11 de novembro de 2023, e seguimos sen saber nada da prometida modificación.

No Pleno de novembro de 2024, o goberno local volveu anunciar un concurso de ideas para “avanzar na rexeneración” do Carme, co obxectivo de completala antes de 2027.

“Pasou un ano e ese concurso nunca chegou a convocarse. Foi outro anuncio baleiro, un máis”, subliñou Carbarcos.

Un plan irrealizable e contraditorio

O PP explica que o planeamento vixente contén contradicións que o fan inxecutable. Entre elas:

• A prolongación forzosa de rúas como Vicedo, Monte Picato, Cabo Estaca de Vares ou Valuro, que afecta a bens patrimoniais e etnográficos protexidos.

• O aproveitamento edificable previsto (1,49 m²/m²) non é viable pola protección do Camiño Primitivo.

• E, sobre todo, a prohibición de rehabilitar vivendas existentes no perímetro do plan especial, o que impide aos propietarios facer obras integrais e recuperar os inmobles para uso residencial.

“O propio planeamento bloquea a posibilidade de rehabilitar as casas do barrio. O resultado é un espazo degradado e abandonado pola inacción do goberno”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies