Sen categoría

Arroxo saca dun caixón e autoriza o pago de 60.708,59 € en sancións por vertidos contaminantes que Miguel Fernández non evitou nin tramitou a tempo

By 15 Maio, 2025Sin comentarios

Miguel Fernández, nin cumpriu cando era responsable de Medio Ambiente, nin cumpre agora como alcalde ao non rematar no prazo que dixo a obra da rúa Montevideo

Xoves 15 de mario de 2025.- O PP informou en rolda de prensa que o tenente de alcalde, Rubén Arroxo sacou onte do caixón CINCO DECRETOS que asinou, en ausencia do alcalde, autorizando o pago de máis de 60.000 € de sancións por vertidos contaminantes en distintos puntos do municipio.

Tres deles eran expedientes sancionadores por vertidos e incumprimentos ambientais cometidos entre 2021 e 2023, coincidindo coa etapa na que Miguel Fernández tiña a responsabilidade directa da área de Medio Ambiente. Os outros dous eran reclamacións do canon de control de vertidos. En todos os casos, a falta de actuación e resposta ante estes expedientes provocou que se tramitasen por vía executiva, o que supón maiores custos para o Concello, incluíndo intereses de demora.

O PP pediu ao goberno local que dea explicacións do sucedido, que aclaren os motivos polos que estes expedientes acaban en vía executiva e as razóns polas que se agardou a que o alcalde estivera de viaxe para que Arroxo sacase estes decretos dun caixón e decidira o seu abono.

Cascada de incumprimentos de Miguel Fernández

Para os populares “o sucedido tamén é outro exemplo máis do dobre incumprimento do alcalde Miguel Fernández: por un lado, non tomou medidas para evitar os danos ambientais cando tiña a responsabilidade, e por outro, hoxe incumpre o prazo que deu” en alusión a que comprometeu, que o 15 de maio, estarían rematadas as obras de peonalización da rúa Montevideo. Os populares indicaron que a realidade é que a obra segue sen rematar polo que “a súa palabra vale pouco o nada”.

INFORMACIÓN CINCO DECRETOS:

Hai tres expedientes sancionadores: dous derivados de vertidos ilegais procedentes de lixiviados dun antigo vertedoiro clausurado e que afectaron ao cauce do río Penalba (Teixeiro); outro un vertido directo de augas residuais procedentes dun aliviadoiro dunha estación de bombeo municipal a un regato en Meilán.

Ademais súmanse dúas reclamacións do canon de control de vertidos pola urbanización Bellavista en Esperante, correspondentes aos anos 2021 e 2022.

Os feitos que provocaron estes expedientes sancionadores sucederon entre os anos 2021 ao 2023 un periodo no que Miguel Fernández tiña responsabilidades directas na área de Medio Ambiente.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies