Sen categoría

Arranca “Canda Elena”, un programa de entrevistas para descubrir da man da voceira do Grupo Municipal do PP o lado máis humano e descoñecido de protagonistas da vida lucense

By 18 Marzo, 2026Sin comentarios
  • O programa publicarase na canle de YouTube de Elena Candia e nas redes sociais da portavoz popular, co obxectivo de achegar á veciñanza as historias persoais que hai detrás de lucenses coñecidos e recoñecidos de diferentes ámbitos
  • O primeiro capítulo, protagonizado por Paco e Héctor do Restaurante España, mostra como os proxectos familiares coidan o produto local, respectan a tradición e manteñen calidade, sendo este establecemento o máis antiguo de Lugo que leva preparando pratos dende o ano 1907
  • En “Canda Elena” descubriremos historias como esta que mostran o esforzo, a paixón e a identidade que fan única a gastronomía lucense

A voceira municipal do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, achegará aos lucenses o lado máis descoñecido de diferentes protagonistas da vida social, cultural, deportiva e empresarial da cidade a través dun novo formato audiovisual de entrevistas biográficas titulado “Canda Elena”.

O proxecto nace como un espazo, cunha periodicidade quincenal, de encontro distendido con protagonistas da vida lucense procedentes de ámbitos moi diversos, que compartirán as súas vivencias, as súas traxectorias profesionais e tamén a súa visión sobre a cidade.

A través deste formato, Elena Candia busca poñer en valor o talento, o esforzo e as historias persoais de moitos lucenses que forman parte do tecido social da cidade, ofrecendo unha mirada máis próxima ás persoas que contribúen a construír Lugo cada día.

“Canda Elena” é un programa de conversa no que a propia Candia exerce como anfitrioa, creando un ambiente próximo que facilita coñecer non só a traxectoria pública das persoas convidadas, senón tamén a súa experiencia vital.

O primeiro capítulo do programa, que xa está dispoñible, e está protagonizado por Paco e Héctor, do Restaurante España, un exemplo de cómo tradición, emprendemento familiar e coidado do produto local se combinan para ofrecer calidade dos productos de proximidade desde a orixe.

Esta historia non é só de cociña: é unha lección de esforzo, de compromiso coa identidade local que nos lembra que cada prato servido en Lugo é tamén unha celebración da nosa cultura, dos nosos produtos e da creatividade das familias que manteñen viva a gastronomía da cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies