Economía

A Xunta aposta por un Lugo que coida das persoas e que dá oportunidades en cada etapa da vida mellorando servizos no Sagrado Corazón, Milagrosa ou barrio da Estación

By 20 Outubro, 2025Sin comentarios

Os orzamentos da Xunta para o Concello de Lugo para o 2026 reflicten unha forma de entender a política: poñendo ás persoas no centro, ofrecendo servizos de calidade e garantindo que Lugo avance con todos e para todos.

O global do investimento para o vindeiro exercicio é de máis de 360 millóns de euros cos que se realizarán novas intervencións e se dará continuidade a outras xa en marcha. As contas da Xunta  teñen por obxecto facer de Lugo unha cidade que coide, que medre e que dea oportunidades en cada etapa da vida”.

Infancia e mocidade: futuro e oportunidades

  • Mantense a gratuídade das escolas infantís, que beneficia a 1.300 nenos e nenas lucenses cun investimento de 2 millóns de euros.
  • O Bono Concilia Familia chega xa a 400 fogares da cidade, facilitando a conciliación.
  • Bono de comedores escolares para familias que usan este servizo de anpas, concellos e centros concertados
  • Axudas ao transporte público coa Tarxeta Xente Nova (3.900 usuarios activos)
  • No ámbito educativo, destacan os 5,7 millóns de euros para melloras en centros como a ampliación do IES Muralla Romana, a rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe de Nadela ou remate obras IES Lucus Augusti
  • Renovación da acreditación de excelencia do Campus de Lugo (periodo 2025/2028 máis de 4 M€)
  • A mocidade tamén se beneficia do Bono Emancípate, do Programa Iniciativa Xove e das axudas para o carné de conducir, cun impacto estimado en máis de 250.000 euros.

Persoas adultas; Familias: unha cidade para quedarse

  • En materia industrial, a Xunta inviste 5,6 millóns de euros na ampliación do polígono das Gándaras e 2 millóns de euros na transformación do espazo de Rozas en parque industrial.
  • Destínanse 570.000 € para a construción dun inmoble de aloxamentos temporais e compartidos para menores de 36 anos en Illa Coelleira. No que vai de lexislatura puxéronse en marcha no concello de Lugo 2.900 vivendas, que se atopan en distintas fases de execución: temos un total de 597 vivendas en marcha, en Garabolos, tamén construiremos outras 137 nas parcelas obtidas da permuta co Concello – en Paradai de Arriba e Ángelo Colocci_ e porase a disposición solo residencial para outras 1.200 vivendas a través do PIA do Sagrado Corazón.
  • As políticas activas de emprego e formación supoñen máis de 11,5 millóns de euros na cidade.
  • O apoio aos autónomos e á economía social supera os 3,9 millóns de euros.

Maiores e persoas dependentes: atención e coidado

  • A Xunta destina 3 millóns de euros para un centro de atención integras de Saúde mental e 4,9 millóns á mellora da residencia das Gándaras e continúa a rehabilitación da residencia da Milagrosa, cun investimento próximo ao millón de euros.
  • Tarxeta para viaxar de balde maiors +65 (5.100 usuarios).
  • O investimento en bonos de dependencia medra un 41 %, ata acadar os 9,9 millóns de euros, beneficiando a 837 persoas.

Investimentos que transforman barrios: Estación, Sagrado Corazón e Milagrosa

A voceira popular explicou que a Xunta está a facer un esforzo económico importante para dinamizar os barrios de Lugo, tomando como referencia o modelo da Residencia, un exemplo de transformación urbana que demostra que “cando se inviste con sentido, os barrios de Lugo que estaban degradados poden revitalizarse”. “Agora toca seguir ese camiño e dar novas oportunidades ao norte da cidade”, subliñou Elena Candia.

Nesta liña, os orzamentos autonómicos de 2026 concentran un investimento destacado nos barrios da Estación, Sagrado Corazón e da Milagrosa, con actuacións que reforzan servizos públicos e melloran a calidade de vida da veciñanza.

  • A intermodal de Lugo (7,9 millóns de euros) suporá un revulsivo para o barrio da Estación e para toda a cidade, ao integrar nun mesmo punto o transporte por tren e autobús, facilitar os desprazamentos diarios e mellorar as conexións con outros barrios. Ademais, contribuirá a modernizar un espazo urbano que leva décadas degradado.
  • No Sagrado Corazón, a Xunta impulsa o remate do Plan Paradai (1 millón de euros), o novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón (600.000 euros) e o PIA do Sagrado Corazón, que porá á disposición solo para a construción de novas vivendas, consolidando un novo foco de crecemento e oportunidades na zona norte.
  • No barrio da Milagrosa, destínanse 2,18 millóns de euros para a reforma integral do seu Centro de Saúde e preto dun millón de euros para a reforma da residencia de maiores do barrio, dúas actuacións que melloran os servizos asistenciais

Un Lugo que coida do seu entorno, dos seus animais e da súa cultura.

 

  • Así mesmo, a Xunta prevé investir destinan 250.000 euros para a mellora e ampliación das actuais intalacións da protectora de animais; 75.000 euros na construción dun parque canino, en colaboración co Concello, para que Lugo conte con espazos seguros e adaptados para os animais de compañía.
  • En materia de infraestruturas hidráulicas, destácase a licitación do saneamento e abastecemento no núcleo de Esperante, cun investimento total de 4,7 millóns de euros, unha obra moi demandada pola veciñanza que mellorará a calidade de vida e o respecto ambiental.
  • No ámbito cultural e patrimonial, mantense o compromiso co Museo da Romanización e destínanse 500.000 euros á conservación da Muralla Romana e 600.000 euros a actuacións na Catedral de Lugo, reforzando o valor histórico e turístico da cidade.
  • Tamén se impulsarán novas accións na Tinería, un espazo clave para a revitalización do casco histórico e a promoción do talento lucense.
  • Finalmente, no ámbito deportivo, a intervención no estadio Anxo Carro (2,7 millóns de euros) e o apoio ao deporte base consolidan a aposta da Xunta por unha cidade viva, activa e orgullosa da súa identidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies