Sen categoría

A prórroga para o cambio obrigatorio de contadores ata o 2027 é unha oportunidade para impulsar a dixitalización dos contadores de auga

By 7 Outubro, 2025Sin comentarios

Reclamamos ao concello de Lugo que planifique e busque financiamento

O Partido Popular considera unha boa noticia para Lugo a ampliación do prazo legal para o cambio de contadores de auga, que pasa de 5 a 7 anos segundo a nova redacción da Orde ICT/155/2020, do 7 de febreiro, publicada no BOE do venres.

Esta modificación era necesaria para evitar que Lugo incumprira, xa que o goberno local non avanzou nada neste proceso, a pesar de tratarse dun requisito estatal de control meterolóxico que debía cumprirse este mes.

“Lugo ía chegar tarde pola falta de traballo e de planificación do goberno local”, explicou a concelleira Silvia Colmenero.

Unha nova oportunidade para mellorar o ciclo da auga

Dende o PP lembran que este cambio non debe limitarse a substituír contadores antigos, senón que é unha ocasión para modernizar o sistema e apostar por contadores dixitais, que permitan unha lectura máis eficiente e unha xestión responsable do ciclo da auga.

“Pedímoslle ao goberno que non volva deixar pasar o tempo. Agora teñen dous anos máis para facelo ben: deben modificar a ordenanza fiscal, definir o modelo tecnolóxico e buscar financiamento para garantir un sistema moderno e transparente”, subliñou Colmenero.

Os populares lembran que xa reclamaran nun Pleno extraordinario claridade e planificación respecto a este asunto. Agora, coa ampliación do prazo, o Concello dispón de tempo suficiente para facer as cousas con sentido común e con visión de futuro.

“Non se trata só de cumprir unha norma; trátase de mellorar o servizo, evitar sancións e avanzar cara a unha cidade máis eficiente”, conclúen.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies