
DEBATE DO ESTADO DA CIDADE 2025
A voceira municipal iniciou a súa intervención cun agradecemento aos seus compañeiros e traballadores do Grupo Municipal, así como aos traballadores municipais e tamén tivo un recordo para as persoas que xa non están indicando que “o vivido neste mandato provocounos reflexións sobre a fraxilidade da nosa existencia, a importancia de ter claras as prioridades na vida e, sobre todo, a inutilidade de moitos debates e discusións, tanto no eido político como no persoal, que só enredan, despistan e nada achegan”.
Tamén tivo un recordo para a vítima dun fatídico accidente en San Froilán que, tal e como dixen cando solicitamos unha comisión de investigación, no plano político xestionáronno sen transparencia, sen asumir ningunha responsabilidade e cunha nula falta de empatía.
Na súa primeira intervención lamentou que un dos debates máis importantes do ano, xunto co dos orzamentos, se celebre incumprindo a lei e sen que nin os lucenses nin a oposición coñezamos cal é a folla de ruta do Concello para o ano 2026 en materia de presupostos.
Elena Candia analizou 3 cuestións que certifican que o 2025 foi un mal ano para Lugo e que o bipartito é un mal goberno.
Calidade de Servizos públicos:
Cualificou de hipocresía que o goberno local dea as grazas aos funcionarios mentres deixaron caducar 61 prazas da última OPE. Tamén falou do deterioro dos servizos municipais e a deixadez en materia de persoal.
Indicou que lle parece indecente que sigamos sen ter unha correcta dimensión dos servizos poñendo como exemplo a escola infantil Gregorio Sanz. “Chega a tal punto que nin sequera querían cubrir a praza da Escola Infantil Gregorio Sanz, deixando ás traballadoras nunha situación límite, ata o punto de non poder poñerse enfermas”.
A voceira popular recriminou o estado das instalacións nas que está traballando a brigada de augas na nave de Frigsa sen medios e sen instalacións dignas (foto teito con burato). Isto é un insulto ao traballo e á vocación de servizo público de persoas que levan toda unha vida dedicándose a este Concello.
Este foi tamén un ano marcado por unha acusación de acoso a un membro do seu goberno, ademais nunha área tan sensible como os Servizos Sociais. Un expediente que, curiosamente, si se tramitou con rapidez, non como outros que levan meses gardados nun caixón. Pero o máis sorprendente é que, unha vez resolto, se lle cesa alegando que se fai para garantir un funcionamento efectivo, imparcial e rigoroso, e para ofrecer garantías ás persoas que poidan recorrer ao servizo. E repiten exactamente o mesmo argumento cando nomean ao seguinte responsable.
Por último a popular tamén alertou de 34 servizos sen contrato, que custan máis de 34 millóns de euros anuais
Xestión eficiente dos recursos: A popular tamén referiuse á xestión económica irresponsable, con suba de impostos, máis débeda, e fondos europeos que se malgastan en intervencións que non supoñen ningún valor engadido á veciñanza.
Lembrou como o goberno de Lugo pretende contratar un novo préstamo de 8 millóns de euros, o que nos levaría a unha débeda de 28 millóns. Falou da suba de impostos, pedindo un esforzo aos lucenses de hoxe, e endebedando ás futuras xeracións. E para que?
Falan dun Plan Novo Norte e do plan de mobilidade. Pero os lucenses xa saben que os fondos europeos non son gratis, saben que saen caros, incluso cando chegan como oportunidade. Por iso é moi importante aprender dos erros cometidos.
No plan de mobilidade que aprobaron pretenden incrementar de 12 a 47,5 quilómetros de carril bici, a pesar de que o propio plan (aprobado cos votos tanto do PSOE como do BNG) recoñece que a REDE ACTUAL ESTÁ INFRAUTILIZADA —está escrito literalmente na páxina 50—.
A popular tamén botou en falta que non se mencionase nin unha soa palabra do futuro das Caldas do Miño pechadas.
Credibilidade nas institucións: A popular puxo de manifestó que a credibilidade nas institucións constrúese cumprindo a palabra e non creando relatos. E poñía como exemplo “cantas veces prometeron un novo pavillón, cambiando incluso de localización segundo o momento político?” e tamén reflexionou sobre o resultado das obras do casco histórico logo de que o PSOE indicase que o máis importante eran as persoas cando, tal e como quedaron, non sabían por onde ir.
Valoración anuncios PSOE e BNG
O alcalde dixo unha verdade cando afirmou que Lugo está na boca de todo o país, aínda que lamentablemente non polos motivos que nos gustaría, senón por un caso grave de acoso sexual presuntamente protagonizado polo socialista José Tomé”
Sobre o anuncio do PSOE do Centro de Dinamización do Casco Histórico.- Elena Candia considera pouco ambicioso o anuncio de Miguel Fernández de facer un estudo para impulsar un Centro de Dinamización do casco histórico. É un pequeno paso, pero Lugo precisa decisións e proxectos reais, non máis estudos.”
“Nós esperamos que non ocorra o mesmo que con Evislusa, unha empresa municipal que podería estar creando vivenda e construíndo cidade, e que na práctica non fixo nada.”
Sobre o BNG e o transporte público “Ao voceiro do BNG pedímoslle valentía. Non chega con redactar os pregos do transporte público: se realmente cren na xestión pública, teñen que aplicala con feitos.”
“Este anuncio confirma algo que vimos dicindo desde hai tempo: o transporte público en Lugo necesita un cambio de timón urxente.” “O propio Plan de Mobilidade do Concello recoñece o fracaso do servizo de bus urbano: só o 5,2 % da poboación utiliza o transporte público. Isto é a mellor proba de que o modelo actual non funciona e necesita cambios profundos.”
“Magoa que agardasen ata este último ano de mandato, pero cando rectifican e acertan, nós agradecémolo.”
