Sen categoría

A Muralla que nos une: “25 anos de orgullo compartido, legado vivo e motor de futuro para Lugo”

By 26 Novembro, 2025Sin comentarios

Mesa Coloquio no Partido Popular para celebrar un novo aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

• Elena Candia agradeceu o traballo da tramitación do expediente, que impulsou un goberno do Partido Popular, e que fixo posible que a Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade, lembrando que “foi un logro de todos e unha mostra do modelo de cidade que defendemos: que pensa en grande, e que se proxecta ao futuro con ambición”

• Joaquín García Díez alcalde de Lugo 1995-1999: “A declaración supuxo ese momento no que Lugo empezou a mirarse con máis autoestima e o mundo comenzou a fixarse un pouco máis en nós” tamén explicou “a importancia de coidar á Muralla e poñela en valor cada día como patrimonio, símbolo de identidade dos lucenses

• Ignacio López de Rego. Arquitecto explicou o Plan Director da Muralla, a folla de ruta para garantir a súa conservación, a súa xestión e o seu aproveitamento como recurso social, cultural e económico.

• Ao remate do acto fíxose unha pequena homenaxe simbólica: os poñentes recibiron como agasallo as portadas dos xornais locais do día 30 de novembro de 2000, no que se anunciou que a Muralla de Lugo acadaba o recoñecemento de Patrimonio Mundial. Pola súa banda, os concelleiros do equipo de Joaquín García recibiron uns detalles da muralla elaborados por ASPNAIS e tamén se realizou o sorteo de varias sudadeiras exclusivas nas que se recollen os nomes das dez portas da Muralla, deseñadas por un comercio local

Coincidindo co 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o Partido Popular celebrou esta tarde unha mesa coloquio para lembrar como se xestou a tramitación desta declaración e na que tivo un papel protagonista un goberno cun alcalde do Partido Popular.

A voceira do Grupo Popular e presidenta provincial, Elena Candia, abriu o acto lembrando que “a Muralla non é só o que fomos, senón o que podemos chegar a ser”. Un patrimonio que une, que nos representa e que segue abrindo portas ao turismo, á economía e á creación de oportunidades para Lugo.

Un dos participantes neste acto foi Joaquín García Díez, alcalde de Lugo entre 1995 e 1999. Durante o seu mandato iniciáronse os trámites para lograr este recoñecemento mundial. Explicou que aquela iniciativa non foi un feito illado, senón parte dun proxecto de cidade: apostar polo noso patrimonio histórico.

Na súa intervención lembrou como os grandes logros colectivos case nunca son froito do azar. Requiren perseveranza, discreción e unha visión compartida do que unha comunidade quere ser”.

Tamén advertiu da importancia de coidar este legado máis alá dos aniversarios “un patrimonio universal esixe un coidado continuo e un orgullo que non dependa do calendario” e salientou que o recoñecemento serviu para colocar Lugo no mapa, atraer visitantes, reforzar a nosa proxección exterior e fortalecer a autoestima da cidade.

Na mesa tamén participou Ignacio López de Rego, arquitecto e director técnico do equipo redactor do expediente que conseguiu a declaración UNESCO. Explicou o Plan Director da Muralla, a folla de ruta da Xunta —como propietaria do monumento— para garantir a súa conservación, a súa xestión e o seu aproveitamento como recurso social, cultural e económico.

López de Rego destacou que o Plan Director é unha ferramenta estratéxica, aberta e revisable, que aborda o deseño de novos usos e visitas que reforcen o seu papel como espazo educativo, turístico, cultural e xerador de actividade económica.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies