Sen categoría

A mellora das actuais instalacións da Protectora: “non é que non se puidera facer, é que non se quería facer”

By 3 Outubro, 2025Sin comentarios
  • Dende o ano 2019 as praxis do PSOE e do BNG, baseadas en torpedear, dicir medias verdades e non avanzar, só conseguiron xerar máis frutración e enfado entre a cidadanía
  • O Grupo Municipal do Partido Popular mantivo sempre un compromiso firme e persoal coa mellora das actuais instalacións da Protectora. Elena Candia lembrou como “dende o primeiro momento dixemos que non pararíamos ata facer realidade esta obra tan necesaria”.

    Cómpre lembrar que se está a piques de cumplirse unha década dende que se asinou a cesión da parcela colindante á Protectora, sendo Elena Candia presidenta da Deputación (hoxe voceira do Grupo Municipal)

    Para os populares a xestión deste proxecto da Protectora por parte do PSOE e do BNG  foi insultante. Trátase dunha competencia exclusivamente municipal polo que, enredar, torpedear e mentir sen paliativos non ten xustificación. Por todo isto alguén debe asumir responsabilidades.

    Os populares sembraron como no ano 2019, PSOE e BNG a mellora e ampliación das instalacións da protectora e dende aquela comezou unha  cronoloxía de ciencia ficción:

    Primerio o PSOE intentou despistar cun cambio de ubicación da protectora ao vello matadoiro pero sen ter fondos.

    O BNG votaba en contra da proposición presentada polo PP  a pesar de ter votado a favor do mesmo texto na Deputación Proivincial.

    O alcalde de Lugo ata en catro ocasións chegou a votar  en contra de intervir de forma urxente nas actuais instalacións e máis negouse  a asignar os 700.000€ dos hortos ecolóxicos (reserva orzamentos 2024) e agora non hai nin hortos, nin cartos, nin mellora da protectora.

    A presión dos lucenses e do Partido Popular provoca a rectificación do goberno que cambia de guión e anuncia en 2025 que estudiará o proxecto para ampliar as actuais instalacións abandoando a idea de levar a protectora ao vello matadoiro.

    Pola súa banda o concelleiro Antonio Ameijide indicou que “o bigoberno o único que fai é poñer atrancos e paus nas rodas aos proxectos que se queren implantar na cidade, paralizando Lugo” engadindo que foi grazas a “ao traballo e teima do Partido Popular que saiu adiante este proxecto”

    Agora que hai licenza, Ameijide preguntouse canto tempo tardará o goberno local en poñer riba da mesa os recursos necesarios para facer realidade a mellora das instalacións.

                                                                 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies