Economía

O traballo do PP permite aos lucenses “acadar aforros de ata o 66%” coa nova ordenanza para o aproveitamento especial da vía pública

By 14 Agosto, 2017Sin comentarios

O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que “calquer particular, comunidade de veciños ou empresario precisa ocupar parte da vía pública para instalar un camión de mudanzas, elevador, andamiaxe, colector de obra ou acopiar material obterá un aforro de entre o 50 e o 66,6%”

O Grupo Municipal do Partido Popular destacou que “grazas ao traballo de oposición que realizamos” os lucenses obterán importantes rebaixas coa nova ordenanza fiscal 152. Esta ordenanza, reguladora das taxas por aproveitamentos especiais da vía pública, quedou enrriba da mesa no pleno do pasado mes de xullo, xa que dende o Grupo Municipal do Partido Popular se entendía que era unha ordenanza “moi lesiva para os lucenses, malia que o goberno socialista estaba disposto a aprobala tal e como estaba. Bloqueamos o desgoberno que rixe Lugo dende hai dous anos”, explicou o voceiro popular Antonio Ameijide.

O popular afirmou que “coa nova proposta que se levará este venres a un pleno extraordinario os lucenses obterán importantes beneficios, que oscilan entre o 50% e o 66% de aforro”. Con esta nova ordenanza un establecemento de hostalería obterá un aforro do 66,6% na instalación da terraza. Antonio Ameijide asegurou que “non só se benefician os profesionais, xa que calquer lucense que desexe realizar unha ocupación da vía pública aproveitará esta rebaixa. Ademais, xa non seremos o Concello que teña a ordenanza máis cara de Galicia”.

O voceiro popular destacou ademais que “deste xeito evitamos novos custes xudiciais ao Concello, xa que se a primeira proposta de ordenanza se aprobara, varias asociacións aseguraron que impugnarían a ordenanza nos xulgados, co agravante de que a de 2016 xa fora anulada por impugnacións similares”.

Antonio Ameijide destacou que “pese a todo, esta non é a nosa proposta de ordenanza e hai que seguir traballando para o futuro, pero grazas ao traballo que realizamos dende o PP sí que se mellorou considerablemente a proposta”.

Ademais, ao pleno extraordinario deste venres tamén se levará a proposta de modificación orzamentaria para este ano, despois de desestimarse todas as alegacións presentadas a esta modificación.

Exemplos de aforro:

 

  • Terrazas. Unha terraza con oito mesas, que ocupe unha superficie de 24m2, se está nunha rúa con categoría 1 pasa de pagar 1.391€ a pagar 463€. Un aforro de 928€. Se esta mesma terraza tivera catro mesas, serían 464€ de aforro ao ano.
  • Terrazas. A mesma terraza de oito mesas nunha rúa de categoría 3 ou 4 (a maior parte da cidade), pasaría de pagar 267,8€ a 89,28€. Aforra 177,62€ ao ano. Se fora unha terraza de catro mesas o aforro sería de 89,28€ ao ano.
  • Construcción. Se calquer particular, comunidade de veciños ou empresario precisa ocupar parte da vía pública para un camión de mudanzas, elevador, andamiaxe, colector de obra ou acopiar material e ocupara unha superficie duns 36m2 pasaría de pagar 8,64€ ao día, en categoría 1, a 4,32€.
  • Guindastres. Un particular ou un empresario que teña que instalar un guindastre pasará de pagar, en categoría 1 por 3 meses, 535,92€ a 267,96€, exactamente a metade. En categoría 3 ou 4 pasaría de pagar 103,2€ a 51,60€, exactamente a metade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies