Ramón Carballo rebaixará impostos e bonificará a empresas e emprendedores que se implanten no municipio

By 27 Marzo, 2019 Lugo en marcha

O candidato do Partido Popular de Lugo presentou unha serie de medidas cuxo fin é sentar as bases para que emprendedores e empresarios poidan xerar emprego en Lugo xa que “a prioridade do Partido Popular é a creación de emprego de calidade e a protección dos postos de traballo que xa existen”.

Ramón Carballo ten claro que hai que acabar “coa excesiva burocracia e axilizar os trámites para facilitar a creación e a implantación de empresas” polo que un dos seus primeiros compromisos será “simplificar e axilizar todos os trámites administrativos que dependan do Concello creando unha única oficina que centralice ás xestións”.

“Se queremos que o talento dos nosos xóvenes quede en Lugo temos que prestar apoio decidido a empresas e a emprendedores, por iso, levaremos a cabo un Plan de incentivos fiscais dirixido á atracción de novas empresas xeradoras de emprego, con bonificacións para as licenzas de apertura, obras e no imposto de actividades económicas, así como a taxa de lixo” matizou o popular”.

Tamén desenvolveremos un programa de captación de inversores e empresas para que se implanten en Lugo “temos que difundir as bondades e vantaxes de investir no noso municipio, tanto en ferias nacionais como internacionais”.

O alcaldable explicou que si é alcalde ampliará os vínculos entre concello e universidade “reclamaremos para o Campus Terra titulacións atractivas e con saídas no mercado laboral como son o grao de ciencias gastronómicas e culinarias ou o grao de robótica”.

Tamén elaboraremos “Plans Especiais de Investimento e Actuación Territorial”, orientados á provisión de dotacións e infraestruturas básicas nos barrios da cidade con maiores desigualdades, de cara a facer máis competitivas a estas zonas. Non podemos permitir que se “executen obras como a da peonalización da praza da Milagrosa sen planificación e sen coordinarse cos veciños e comerciantes do entorno. A consecuencia desta intervención foi o peche de negocios porque as obras, mal programadas, dinamitaron a súa facturación destes pequenos comercios”.

A posta en marcha dun plan formativo de apoio á incorporación laboral e ó emprendemento de colectivos desfavorecidos e con maior dificultade para acceder ao emprego, como a mocidade, as mulleres e maiores de 45 anos e persoas con discapacidade, completan as medidas deste bloque de propostas.

Ramón Carballo tamén impulsará unha liña de bonificacións ás explotacións agrogandeiras e potenciará as actividades forestais e agrogandeiras cun programa de movilización de terras.

Responder

20 + nineteen =