Ramón Carballo propón a reestructuración dos servizos sociais desbordados pola parálise de Méndez

By 15 Maio, 2019 Lugo en marcha

Corenta entidades do tecido social participaron hoxe nun encontro co candidato á alcaldía de Lugo onde compartiron algunhas das propostas do modelo de cidade que Ramón Carballo quere construír para o Lugo en Marcha co benestar e a igualdade.

O candidato á alcaldía de Lugo  promoveu un espazo de encontro e de debate con máis de corenta entidades do tecido social de Lugo para intercambiar con eles ideas, propostas e diferentes puntos de vista para mellorar os servizos sociais e a accesibilidade no Concello de Lugo. O acto que estivo moderado por María Teijeiro, Vicesecretaria de Política Social,  contou coa participación da conselleira de Política Social, Fabiola García.

O popular cualificou ás persoas que traballan neste eido como “cidadáns todo terreo, persoas valentes e comprometidas” e salientou que os políticos “debemos entender a política como unha actividade cun claro componente social porque está basada na relación de axuda é dicir temos a obriga de mellorar as condicións de vida da cidadanía”.

Entre as propostas do PP destacar o Plan de Barrios en Igualdade “a idea é que Lugo sexa accesible en catro ámbitos: os espazos públicos; o transporte; as instalacións e servizos públicos e a información e comunicación” indicou Carballo.

Entre as medidas que se inclúen neste proxecto está a creación de itinerarios accesibles e avanzar na peonalización;  autobús urbano gratuíto para maiores de 65, pensionistas e persoas con discapacidade; un maior control prazas aparcamento para persoas con discapacidade; revisar a colocación de mobiliario urbano e a instalación de mobiliario accesible (contenedores de lixo, xogos en parques infantiles …); a selección de  pavimentos apropiados para facilitar o paso de persoas con dificultades de movilidade; regular o uso de patinetes eléctricos xa que somos conscientes de que estes vehículos están provocando problemas aos peóns e sabemos que hai preocupación en colectivos con discapacidad visual.

Outra das prioridades do alcaldable popular é a reorganización dos servizos sociais axilizando a atención e reducindo trámites burocráticos para o acceso a servizos e recursos. Carballo afirmou que “non ten sentido que se retrasen meses as axudas que se conceden para pagar material escolar, os retrasos das axudas de aluguer ou chegar ao extremo de expedir cheques sen fondo de axudas de emerxencia social. Tampouco podemos permitir o retraso, de ata case dous meses, para dar cita para entrevistarse cun traballador sociais.

Ramón Carballo tamén se comprometeu a reforzar o tecido asociativo e, nese sentido, é un clamor a necesidade de que se paguen, en tempo e forma, as axudas que pedides.

O popular tamén  terá en conta a dificultade na que se atopan  as persoas con discapacidade para acceder ao mundo laboral e, nese senso, explicou que “poremos énfase no cumprimento da lei para que sexa efectiva e real a reserva de prazas tanto nas convocatorias de emprego público del Concello, como nos contratos que se externalicen”.

Por último Ramón Carballo valorou “o coñecemento así como a experiencia e implicación pola  integración e a dinamización social das entidades sociais así como o traballo e a colaboración na elaboración e na execución de proxectos sociais que resultan de vital importancia para o desenvolvemento dunha cidade como a nosa, Lugo”.

Responder

6 − five =