Ramón Carballo presenta a columna vertebral do seu modelo de cidade que pivotará en nove puntos

By 4 Decembro, 2018 Lugo en marcha

O candidato á alcaldía do Partido Popular presentou hoxe lema da súa proposta de modelo de cidade nunha rolda de prensa na que Ramón Carballo desgranou os nove eixos do Lugo en marcha que imaxina. O slogan Lugo en Marcha o alcaldable quere reflectir a necesidade que ten o concello de Lugo de poñerse a funcionar “é hora de sair da parálise na que está inmersa e bloqueada a cidade polo déficit de xestión da alcaldesa”.

Ramón Carballo subliñou que “nós, dende o minuto un, estamos en marcha explicando as nosas propostas a diferentes colectivos e veciños e, tamén, sumando ideas e recollendo as suxestións dos lucenses”.

O alcaldable valoraba moi positivamente “as diferentes sectoriais, reunións en barrios e parroquias, nos centros sociais así como o contacto directo establecido no reparto do xornal Lugo en marcha”.

Carballo manifestou que “seguiremos movéndonos en todo o entorno da sociedade lucense para explicar a nosa proposta de modelo de cidade e para recibir as súas impresións, propostas ou necesidades” salientando que “é unha proposta totalmente aberta á cidadanía”.

O alcaldable de Lugo explicou que “as achegas que estamos recapitulando as incorporaremos ao noso proxecto de cidade”. Precisamente o slogan Lugo en Marcha incorpora unha flecha, situada na parte inferior das  iniciais do lema o L de Lugo e o M de Marcha e de Muralla,  trasladando a idea de poñer no branco da traxectoria deste sinal, que indica dirección, nove obxectivos moi concretos.

Os nove bloques nos que se está traballando priorizan a xestión eficaz do concello, a mobilidade, o benestar e a igualdade e potenciar o talento e o emprendemento  incorporando pola seguinte orde as liñas de medioambiente e urbanismo,  rural, turismo –camiño primitivo-cultura, o deporte e a seguridade e convivencia.

Os tres conceptos que unen estes eixes son a eficacia, a ilusión e o futuro. “Temos que ser eficaces á hora de pagar aos proveedores, á hora de desbloquear proxectos paralizados, á hora de resolver os problemas de tráfico da cidade. Temos que contaxiar ilusión e ser capaces de aportar  solucións de futuro para que os nosos fillos poidan quedar a traballar e a vivir en Lugo”.

O candidato do PP concluíu “ou avanzamos todos xuntos ou nos quedamos atrás. Esta é a esencia do futuro inmediato do modelo de cidade que queremos deseñar,  o que nos fai únicos aos lucenses e que, somos de Lugo e aquí queremos estar”.

Responder

14 − eleven =