Lugo en marcha

Ramón Carballo pide o voto para o Partido Popular nunhas eleccións decisivas

By 23 Abril, 2019Sin comentarios

Ramón Carballo asegurou onte no mitin central de Lugo da campaña das eleccións xerais que este domingo só hai dúas opcións reais entre as que elixir. “Unha que rexeito con total rotundidade é a que quere converter a España na Venezuela europea” afirmou o popular, que engadiu que ten por peza fundamental a ambición desmedida do socialista Pedro Sánchez e ten como motores aos que queren cargarse o noso sistema político, económico e social, Podemos e As Mareas; e tamén ten como motores aos que queren cortar en anacos a España, porque cren que así, xogando descarnada e irresponsablemente a baza do independentismo, nutrirán os seus petos.

Ramón Carballo recomenda a quen opte por esta opción que se prepare para arrepentirse a moi curto prazo do uso dado ao seu voto “porque xa será tarde”.

A outra alternativa é a defensa do modelo que deu a España corenta anos de liberdade, progreso, seguridade e desenvolvemento, “esa é a miña alternativa e é o PP o que a representa. O voto ao Partido Popular é o voto do predecible, da seguridade, da permanencia e desenvolvemento do mesmo sistema que nos deu 40 anos de convivencia en paz, progreso e liberdade”.

Por iso, Ramón Carballo pediu e animou a apoiar e buscar apoios para o PP nas votacións do domingo. “Pídovos e anímovos a traballar con igual decisión para que, dentro dun mes, consigamos tamén os goberno municipais”.

“Sei que contamos con vós, sei que nin Lugo nin Galicia fallarán neste momento decisivo. Ccomo nalgunha ocasión dixo Fraga os votos hai que sachalos e buscalos se fai falla ata debaixo das pedras”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies