O PSOE vota en contra da actualización do Plan de Emerxencias Municipal e lle pon prezo á seguridade dos lucenses

By 26 Abril, 2018Persoal, Policia, Proposición
Enrique Rozas pleno abril

O Grupo Popular acusa de irresponsable aos socialistas “ao poñer prezo e votar en contra” da actualización do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) que leva 11 anos sen revisarse e que non contempla novas infraestruturas que hai nacidade e que ademais esquece barrios completos da cidade. Pese ao voto contrario dos socialistas, a proposta se aprobou cos votos favorables do Grupo Popular, Lugonovo, BNG e Cidadáns.

O Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Lugo foi aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión de 23 de maio de 2007 e foi homologado pola Xunta de Galicia no Comité Galego de Protección Civil, polo que precisa dunha revisión, xa que o devandito Plan elaborouse co disposto na Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, de Protección Civil, que quedou derrogada tras publicarse a Lei 17/2015 de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil, que no seu artigo número 1.1 sinala que “A Protección Civil, como instrumento da política de seguridade pública, é o servizo público que protexe ás persoas e aos bens garantindo unha resposta adecuada ante os distintos tipos de emerxencias e catástrofes orixinadas por causas naturais ou derivadas da acción humana, sexa esta accidental ou intencionada”

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

 

Iniciar os trámites para proceder á revisión do Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), así como a súa adaptación á Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil.

Responder

four − 3 =