PersoalProposición

O PP consegue cos seus votos a reprobación do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal

By 26 Xullo, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou cos seus votos a reprobación de Daniel Piñeiro, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal. Unha votación na que o PSOE votou en contra, mentres que o resto de formacións (Lugonovo, BNG, Cidadáns e Ace-Eu) optaron por absterse.

O concelleiro don Daniel Piñeiro Villares leva tres anos ao fronte da área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, neste tempo a súa falta de xestión e ineficiencia provocou unha parálise na licitación dos contratos das súas áreas, o que supón un prexuízo aos intereses do Concello, tamén é o responsable da demora da sinatura do documento necesario para continuar cos trámites da Fábrica da Luz, co risco que iso supón, incluso expoñendo ao Concello a posibles indemnizacións millonarias tras a petición de rescisión do contrato polo adxudicatario.

Doutra banda, a política de persoal caracterizouse pola falta de diálogo, a confrontación e por medidas erróneas como o a creación dunha Dirección Xeral de Recursos Humanos que non cumpriu cos obxectivos fixados e derivou na renuncia da primeira titular deste órgano, todo elo, sen considerar as repercusións legais que pode ter o feito de que se manteña o devandito órgano cando hai un acordo plenario que o suprimiu.

O retraso nas concesións de licencias nestes anos foi a tónica habitual que ten un impacto evidente na actividade económica da cidade, e a zona pública de baño segue a ser unha promesa pola xestión nefasta para a súa creación, soamente hai que recordar que se chegou a desprazar a súa ubicación en máis de 800 metros sen decatarse dese grave erro, así como o de corrixir soamente unha das seis deficiencias comunicadas pola Xunta de Galicia.

Esta falta de xestión e os despropósitos do concelleiro de Desenvolmento Sostible e Persoal, víronse completadas cunha investigación xudicial por un presunto delito medioambiental polos vertidos fecais ao río Rato na Garaballa.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

 

Reprobar ao concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal pola súa falta de xestión e ineficiencia nas súas responsabilidades no Concello de Lugo.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies