ProposiciónZona rural

O PP cuestiona a política medioambiental dos socialistas, que votaron en contra de crear un plan para detectar e eliminar vertedoiros incontrolados no Concello

By 28 Xuño, 2018Sin comentarios

O PSOE evitou apoiar a proposta do Grupo Municipal Popular referente á elaboración dun plan para detectar e eliminar os vertedoiros incontrolados existentes no Concello. Un voto negativo dos socialistas que evidencia, cando menos, a política medioambiental do equipo de goberno.

A proliferación de vertedoiros incontrolados no Concello de Lugo, especialmente nas áreas periurbanas, está a xerar problemas ambientais e de salubridade, un exemplo o atopamos no Carqueixo onde nunha parcela de titularidade municipal volve a estar nun lamentable estado debido a sucidade e residuos existentes na mesma, e todo elo a pesar de que a Xunta de Galicia investiu preto de 150.000 euros para descontaminar a zona nos meses de novembro e decembro de 2017 onde se sacaron centos de toneladas de residuos.

Esta  parcela municipal sita no Carqueixo provoca un impacto negativo sobre a paisaxe e efectos contaminantes no chan e na auga pola escorrentía e na atmosfera pola queima de rodas, aceites ou cables.

Por outra banda, hai que resaltar que ademais de restos de construción, tamén hai restos de lumes intencionados que inclusive chegaron a afectar ás árbores que se atopan no perímetro co conseguinte risco de incendio no caso de estenderse a zona limítrofes.

O Concello de Lugo debe actuar con rapidez para atallar este problema porque podería incorrer nun delito medio ambiental polos danos á calidade do aire, o chan ou as augas, nese senso faise necesario que se proceda a limpeza desta finca municipal así como a súa descontaminación, adoptando medidas que eviten que esta situación se volva a repetir, como debe ser a través do peche da finca.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

 

  1. Que adopte urxentemente as medidas necesarias para proceder a limpeza e descontaminación da finca de titularidade municipal sita no Carqueixo, así como o peche e vixilancia da mesma.
  2. Que elabore un plan para detectar e eliminar os vertedoiros incontrolados existentes no Concello de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies