EconomíaProposición

O PP acada a unanimidade do pleno para a implantación dun sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil

By 25 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou o consenso da corporación municipal para aprobar a proposta para imprantar no Concello de Lugo un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil

A adxudicación de contratos menores ao ser un procedemento directo, que pola súa natureza esixen menos requisitos procidementais e documentais que outro tipo de contratos, regulados pola lexislación de contratos do sector público no noso ordenamento xurídico, reduce a concorrencia entre os provedores por carecer de información sobre o procedemento ou por falta de acceso ás licitacións. Á súa vez, este feito xera un problema de encarecemento dos custos, un incremento do risco de mala xestión e unha falta de transparencia que inciden, en definitiva, na xestión dos servizos públicos.

O Grupo Municipal Popular entende que é preciso desenvolver un sistema mediante o cal poidan relacionarse de maneira áxil e eficaz os provedores interesados en traballar co Concello utilizando para iso unha aplicación web e outra móbil que permitiría darse de alta aos usuarios que queiran contratar co Concello e elixir unhas categorías predefinidas. Unha vez que estivesen rexistrados, recibirían unha notificación de cada novo contrato menor que se oferte e que estea incluído nas categorías previamente seleccionadas. Os provedores interesados poderían acceder á descrición de solicitude de orzamento e os requisitos da mesma tanto na web como na aplicación móbil e enviar os seus orzamentos, xunto coa documentación complementaria a través da propia web. Unha vez que se acaba o prazo de envío de orzamentos o Concello tomaría a decisión de adxudicar o contrato menor segundo as ofertas presentadas todo iso a través da aplicación web.

Todos os participantes no procedemento poderían acceder á información dos orzamentos presentados, a documentación complementaria doutros candidatos e á adxudicación, o que implicaría unha maior transparencia. Este procedemento ofrece unha imaxe de maior compromiso co ben público e de mellor rendición das contas públicas, permitindo ás empresas coñecer os procesos de compras, independentemente do sector no que desenvolvan a súa actividade. Este sistema permite realizar unha análise máis certeira da contratación menor, reducir custos, o que redunda nunha maior eficiencia e economía ás compras, e abrir a contratación menor a todo tipo de empresas.

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao equipo de goberno a:

Que implante un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil, dirixido a comunicar e solicitar oferta para cada contratación, aos autónomos e empresas rexistrados voluntariamente.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies