CulturaProposición

O PP consegue que todos os grupos apoien á elaboración dun plan de traballo para impulsar o Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade de Lugo

By 31 Maio, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular propuxo ao pleno a elaboración dun plan de traballo para impulsar o Camiño Primitivo no treito urbano ao seu paso pola cidade para paliar a mala imaxe que transmite aos peregrinos por mor da suciedade e a maleza, o feísmo e a falta de sinalización. Unha proposta que contou co apoio unánime de toda a corporación.

O Camiño de Santiago é unha das atraccións turísticas máis importantes de España que atrae a miles de turistas procedentes de todo o mundo, e entre as diferentes rutas existentes a do Camiño Primitivo cobra un protagonismo especial porque parte do seu percorrido desenvólvese en Lugo, por iso é necesario que se establezan accións dirixidas a dinamizar e potenciar o Camiño Primitivo para convertelo nun referente turístico e cultural de primeira orde, aproveitando as sinerxias que ofrece esta ruta que teñen un efecto directo sobre o turismo e a actividade económica.

O Grupo Municipal Popular entende que o Concello de Lugo debe actuar con liderado e poñer en marcha un Plan de medidas para converter o municipio nun referente turístico para o próximo Ano Santo 2021, que podería virar sobre tres eixos como é o de Mellorar a imaxe do Camiño para que os peregrinos o seu paso pola cidade leven un bo recordo (eliminar grafitis, adecentamento de fachadas, etc); Promoción a través da organización de actividades culturais, deportivas e gastronómicas en colaboración con asociacións e colectivos;  e por último impulsar medidas que teñan por finalidade aumentar o número de peregrinos que fagan o Camiño Primitivo.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

Elaborar un plan de traballo co obxecto de impulsar o camiño primitivo ao seu paso pola cidade de lugo con vistas ao próximo Ano Santo 2021.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies