O PP destaca a importancia de que o Concello de Lugo teña unha oficina de asesoramento antiokupas pese aos votos en contra do PSOE

O Concello de Lugo terá unha oficina de asesoramento a veciños afectados por unha ocupación ilegal na súa vivenda, pese aos votos en contra do PSOE, aos que se engaden os do BNG e ACE-EU. A proposta conseguiu a súa aprobación grazas aos votos do PP, Ciudadanos e Lugonovo, que consideraron axeitado asesorar aos veciños que ven como se ocupan as súas vivendas ilegalmente, situacións que se repiten nos últimos tempos na Milagrosa, Barrio Feijóo, A Residencia ou A Cheda.

O fenómeno okupa creceu de forma exponencial nos últimos anos e converteuse nun problema de primeira magnitude polas consecuencias de tipo social, legal e económico que leva consigo. A cidade de Lugo non escapou a esta problemática, xa que en barrios como o da Milagrosa, Feijoo, As Gándaras e a Residencia, producíronse ocupacións que provocan unha degradación nas condicións de vida destas zonas, que esixen unha resposta clara e nítida das AAPP ao vulnerarse un dereito constitucional como é o da propiedade privada.

A Administración Local conta con mecanismos e ferramentas para actuar sobre as ocupacións, nese sentido ademais de incrementar a presenza policial, é necesario implementar medidas destinadas a apoiar e asesorar ás persoas afectadas, para que poidan recuperar as súas vivendas no menor tempo posible, especialmente nos casos de familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar os gastos que supón iniciar un procedemento de desaloxo destas características. De igual forma, é preciso analizar desde os servizos sociais do Concello a situación na que se atopan as persoas que por diferentes motivos actúan á marxe da Lei ocupando vivendas, que chegan inclusive a condicionar a súa saída, a que os propietarios lles abonen importantes cantidades de diñeiro, o que supón unha extorsión intolerable nun Estado de Dereito.

A celeridade á hora de actuar por parte dos propietarios das vivendas que son obxecto de ocupación é primordial, por iso entendemos que o Concello de Lugo debería crear unha oficina de asesoramento e apoio para que os propietarios das vivendas poidan obter información sobre os pasos adecuados que deben levar a cabo para recuperar as súas vivendas, e acompañar aos propietarios durante todo o proceso,así como a de crear unha base de datos que recolla os puntos máis conflitivos e desa forma actuar de forma máis eficiente, cortando o efecto chamada que podería producirse por non adoptar medidas contra a ocupación ilegal.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Instar ao Goberno Municipal a crear no Concello de Lugo unha oficina de asesoramento e apoio aos propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares.

Responder

eighteen − 10 =