Lugo contará con novos parques infantís e biosaludables trala aprobación por parte do pleno dunha proposta do PP para a súa construcción

O GMPP obtivo o apoio do pleno para que se habiliten na cidade tres novos parques infantís e biosaludables para humanizar a cidade e mellorar os servizos que se lle ofrecen aos cidadáns.

A humanización da nosa cidade ten que ser unha prioridade polo que é preciso adoptar políticas encamiñadas a que as persoas sexan as protagonistas, nese senso dende o Grupo Municipal apostamos por crear tres novas zonas de xogo infantil en prazas de distintos barrios e así enriquecer a trama urbana da nosa cidade.

Unha das zonas recreativas estaría situada na explanada de 1.600 metros cadrados que hai na Ronda das Fontiñas entre o Carril das Flores e o de Caiñós, xa que hai que ter en conta que a única oferta que se atopa no Parque dos Paxariños o cal está totalmente abandonado, así como unha pequena zona a carón do Centro Maruja Mallo que é claramente insuficiente para dar servizo aos veciños do barrio. Esta intervención debería completarse coa montaxe dun parque biosaudable para adultos debido a gran cantidade de poboación neste barrio que fai que haxa moitos usuarios potenciais.

Outra praza na que se debería facer unha intervención é no entorno da rúa Soto Freire que ten unha explanada de aproximadamente 2.200 metros cadrados, estamos a falar dunha zona en expansión que podería albergar unha zona de xogos infantís e un parque biosaudable.

O terceiro parque infantil que propoñemos se atoparía na parte traseira do actual Cuartel de San Fernando, trátase dun espazo de 900 metros cadrados que están na rúa Quiroga Ballesteros entre as rúas Amor Meilán e San Froilán, que permitiría dinamizar a actividade socioeconómica desta zona, xa que é un punto estratéxico por esta situado próximo a zonas peonís e cun colexio, hai que ter en conta que dentro de murllas só hai dous parques infantís que habitualmente están saturados.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:

 

Que estude a posibilidade de instalar parques infantís e biosaudables na Ronda das Fontiñas (entre o Carril das Flores e Carril de Caiñós), en Soto Freire (confluencia Praza de Bretaña, rúa Dinán e rúa Soto Freire) e un parque infantil na traseira do Cuartel de San Fernando na rúa Quiroga Ballesteros.

Responder

3 × one =