Apoio unánime do pleno para impulsar a mesa de traballo para remodelar o transporte urbano

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular entendemos que é necesario reactivar a Mesa de Traballo en materia de transportes para coordinar a remodelación do transporte urbano. Os cambios deben pasar por establecer liñas máis curtas e con máis frecuencias para dar cobertura a toda cidade; reforzar os autobuses os fines de semana; adaptar os horarios para centros de ensino, polígonos industriais e administracións, establecer unha tarifa plana a través de bonos semanais, mensuais ou anuais; mellorar as marquesiñas; potenciar o SAE; crear un plano de transporte intuitivo cun código de cores para cada liña e crear unha App con planificador de rutas, entre outras medidas.

No pleno ordinario celebrado o 25 de febreiro do ano 2016 o Grupo Municipal do Partido Popular presentou unha proposición relativa ao transporte público urbano de viaxeiros que foi aprobada por unanimidade,  a parte resolutiva da devandita proposición foi o seguinte, “Crear, coa maior brevidade posible e dentro da Comisión de Mobilidade, unha mesa de traballo que teña por finalidade debater e elaborar as  propostas dirixidas á mellora e reorganización do transporte colectivo urbano de viaxeiros, integrada polas forzas políticas con representación na Corporación Municipal así como polos técnicos municipais”.

 Ante o inmobilismo do equipo de goberno o Grupo Municipal do Partido Popular presentou no pleno do 30 de xuño de 2016 unha nova proposición que foi aprobada por unanimidade e na que se instaba ao equipo de goberno “A que se constitúa e convoque de xeito inmediato a Mesa de Traballo para mellorar a reorganización do transporte colectivo urbano de viaxeiros, a cal foi acordada no Pleno ordinario do 25 de febreiro de 2016”

 Dende o Grupo Municipal do Partido Popular entendemos que é necesario reactivar a Mesa de Traballo en materia de transportes para tratar asuntos de gran importancia entre elas as propostas presentadas dende o Partido Popular como: a necesidade de establecer liñas máis curtas, con máis frecuencias para dar cobertura a toda cidade; reforzar os autobuses os fines de semana; adaptar os horarios para centros de ensino, polígonos industriais e administracións, establecer unha tarifa plana a través de bonos semanais, mensuais ou anuais; mellorar as marquesiñas; potenciar o SAE; crear un plano de transporte intuitivo cun código de cores para cada liña e crear unha App con planificador de rutas, entre outras medidas.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Municipal a que convoque de forma inmediata a Mesa de Traballo en materia de transportes, para dar conta do estado da situación actual do transporte urbano, así como para permitir a participación, e ter en conta as propostas dos distintos grupos políticos e técnicos municipais, dentro da reordenación do transporte urbano de viaxeiros.

Responder

five × four =