ProposiciónSeguridade

O PP consegue que o pleno aprobe por unanimidade á comarcalización dos bombeiros

By 31 Maio, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou a unanimidade do pleno do Concello de Lugo para que o goberno local inicie os trámites necesarios para que a comarcalización do parque de bombeiros de Lugo sexa unha realidade e así poder dar cobertura e servizo aos concellos limítrofes.

Nos últimos anos Galicia ten feito un esforzo enorme para mellorar a atención das emerxencias. Pese a ser unha competencia exclusivamente local (dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais no caso dos de menos), a Xunta ten colaborado decisivamente para que os parques de bombeiros pasasen de 7 no ano 1999 aos 32 actuais. Ao mesmo tempo, ten defendido unha rede de Grupos de Emerxencia Supramunicipais que permiten unha cobertura destacada en todo o territorio.

Agora a Administración autonómica busca un chanzo máis. O camiño é a comarcalización dos parques das grandes cidades, aprobada no grupo de traballo pola mellora das emerxencias. No caso de Lugo permitiría dar unha cobertura adecuada a aqueles concellos que, pese a estar moi preto do noso parque, non poden beneficiarse del, pero tamén mellorar dun xeito moi destacado a cobertura no propio termo municipal onde está a sede.

A base sobre a que se asenta este razoamento é sinxela: se con motivo da comarcalización aumenta o número de bombeiros no parque de Lugo, aumenta tamén a cobertura na propia cidade se produce unha emerxencia.

Coa comarcalización e a coa creación de novos servizos en zonas de sombra, en toda Galicia pasaríase de cubrir o 65% do territorio en menos de 20 minutos a máis do 90%. E en canto a poboación, do 87% a máis do 95%.

Ese camiño xa foi aprobado e refrendado expresamente polos concellos de Ourense, Ferrol e Santiago de Compostela, co apoio das deputacións de Ourense e A Coruña. Falamos de administracións gobernadas por catro partidos  diferentes, co cal se entenden os beneficios desta medida, que vai máis alá de siglas políticas.

Tamén o fixo a Deputación de Lugo, que en decembro votou a favor desta medida no seo do grupo de traballo pola mellora das emerxencias, do que forma parte, pero desde entón non hai novas sobre a posición ao respecto deste Concello.

Lugo non pode quedar atrás e precisa que o Concello aclare unha vez a súa postura sobre a comarcalización. Levamos meses esperando un pronunciamento nese sentido. O municipio precisa un mellor servizo que non só beneficiaría á capital senón aos concellos da contorna.

Se ten en conta que o cambio non suporía ningún custe para o Concello xa que o investimento a maiores sería asumido ao 50% pola Xunta de Galicia e a Deputación, resulta prioritario que esta Administración non deixe pasar unha oportunidade que xa souberon apreciar no que vai de ano tres das sete grandes cidades galegas e que repercutiría directamente no beneficio dos veciños de Lugo.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

Que o Concello de Lugo acepte o proceso de comarcalización que permitirá un mellor servizo de bombeiros no municipio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies