Proposición relativa ao incumprimento dos acordos plenarios aprobados durante o presente mandanto

By 25 Abril, 2019 Proposición, Transparencia

O Pleno desta institución aprobou durante o presente mandato (2015-2019) un gran número de proposicións, presentadas polos distintos grupos políticos que conforman a corporación. A maioría das proposicións foron aprobadas por unanimidade, contando incluso co apoio do equipo de goberno, outras mesmo saíron adiante coa abstención ou o voto en contra do mesmo, dada a maioría que representan as demais forzas no pleno. Pero todo este alto grao de aprobación de proposicións vese empañado, dado que as propostas que resultaron aprobadas pola corporación tiveron un escaso cumprimento por parte da Alcaldesa e do seu equipo de goberno.

En canto ao Grupo Municipal do Partido Popular presentamos ao pleno un total de 119 proposicións, das cales 107 (90%) foron aprobadas, e 12 (10%) foron denegadas.

O nivel de execución e cumprimento das proposicións que se aprobaron a iniciativa do Grupo Municipal do PP foi moi escaso por parte do equipo de goberno ao longo deste mandato. Do total das 107 proposicións aprobadas só 5 proposicións se executaron, 6 se realizaron ‘a medias’ e un alto porcentaxe delas, case un 90%, non se desenvolveron pola desidia e falta de respeto da Alcaldesa e do seu equipo de goberno cara o que representa este Salón de Plenos. A isto se engade a debilidade manifesta do Grupo Municipal Socialista que con oito concelleiros de vintecinco quixo gobernar en minoría esta institución a sabendas de que non contaría con suficientes apoios para a súa labor de goberno.

Este grao de incumprimento das proposicións aprobadas no Pleno vese reflectido na vida dos lucenses en moitos aspectos como:

– Ausencia dun sistema de rotación do aparcamento gratuíto.
– A non creación dunha ordenanza para controlar a actividade de gorrillas.
– A parálise na necesaria renovación integral do sistema de transporte urbano e creación e convocatoria dunha mesa de traballo na que estean presentes todos os grupos.
– A ausencia dunha zona pública de baño no río Miño.
– Seguimos sen un plan para o aproveitamento das instalacións municipais sen uso.
– non acondicionamento dun aparcadoiro no Barrio da Ponte nas inmediacións do paseo do Miño.
– Falta de transparencia e participación na contratación do Concello a non implantar un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil.
– A desatención dos lucenses afectados pola ocupación ilegal das súas vivendas ao non crear o Concello unha oficina de asesoramento en materia de vivendas afectadas por okupas ilegais.
– Concello de Lugo segue sen ter en funcionamento do sistema de control horario do persoal municipal.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDA QUE:

O Pleno do Concello de Lugo censure á Alcaldesa e o equipo de goberno socialista polo incumprimento reiterado das proposicións acordadas por este Pleno durante o mandato actual (2015 – 2019).

Responder

six + 17 =