EconomíaProposición

Aprobada a proposición relativa á adhesión ao convenio marco para a captación de investimentos asinado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias o pasado 10 de outubro de 2017

By 26 Outubro, 2017Sin comentarios

Lugo sumarase ao programa Doing Business de captación de investimentos empresariais para o municipio grazas á iniciativa que aprobou o pleno únicamente cos votos a favor do Partido Popular e do PSOE.A consolidación da recuperación económica necesita do fortalecemento e mellora da competitividade do tecido empresarial afincado na comunidade galega, así como da chegada de novas empresas que contribúan a impulsar os nosos sectores produtivos e favorezan a xeración de valor engadido e o peche dos ciclos produtivos, así como a consolidación de emprego de calidade.

Sirva de exemplo que durante o ano 2016 o investimento produtivo estranxeiro en Galicia aumentou máis dun 35%. De feito, se comparamos o ano 2015 fronte ao 2016, pasamos de 86 a 118 millóns de euros. Ademais, no primeiro semestre de 2017 a nosa comunidade ten captado xa preto de 90 millóns de euros.

Galicia, polo tanto, debe seguir nesa liña positiva de captación de investimentos e para iso é fundamental crear un contexto máis favorable para desenvolver proxectos estratéxicos na actividade empresarial.

Nese sentido, a Xunta ten aprobado iniciativas de gran valor como a Lei de emprendemento e competitividade económica de Galicia, incorporando novas axudas e  instrumentos financeiros, facilitando a compra de solo e creando incentivos fiscais ao investimento.

Así mesmo, para este mes de outubro está previsto dar un paso máis coa aprobación dunha nova lei de fomento da implantación empresarial que se leva consensuando cos principais axentes económicos e sociais de Galicia e que vai a xerar un clima propicio para o investimento.

Neste sentido, o pasado día 10 de outubro vén de asinarse un convenio de colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para ampliar o alcance das medidas da futura lei e sumar esforzos no eido de rebaixar os impostos e as taxas municipais e participar no compromiso dunha maior axilidade administrativa.

A firma deste Convenio por parte dos concellos é unha mostra do compromiso co progreso económico e social do nosa terra e, ademais, trae beneficios en tanto que os concellos adheridos -e que obteñan o distintivo ‘Concello Doing Business en Galicia’- terán preferencia nas axudas autonómicas destinadas a impulsar a industria, o emprego ou o emprendemento, cando as convocatorias sexan en réxime de concorrencia competitiva.

Por todo o anteriormente exposto:

  1. O Grupo Municipal Popular insta ao Concello de Lugo a adherirse ao convenio marco para a captación de investimentos asinado pola Xunta de Galicia e á Federación Galega de Municipios e Provincias o pasado 10 de outubro de 2017.
  2. Dar traslado do acordo plenario á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies