O PP lamenta que o goberno bipartito de Lugo se opoña a sumarse á folla de ruta da axenda 2030

By 26 Setembro, 2019 Medio Ambiente, Proposición

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o bigoberno de Lugo rexeite unirse á folla de ruta da axenta 2030 e a impulsar políticas para alcanzar os 17 obxectivos de aplicación universal que rexen os esforzos dos países para lograr un mundo sostible.

A Axenda de Desenvolvemento Sostible para o período 2015-2030 foi aprobada no Cume de Desenvolvemento Sostible, en Nacións Unidas, o 25 de setembro de 2015, a cal pretende un desenvolvemento sostible mediante unha Axenda universal, para todos os países e todas as persoas, onde as cidades xogan un papel primordial. Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e ás 169 metas que os integran, son de carácter transversal e están fortemente interrelacionados. Son un mandato aos gobernos, así como á cidadanía, ao sector privado e ás organizacións sociais para mellorar a vida das persoas de maneira integral, sostida e duradeira.

A Rede Española para o Desenvolvemento Sostible ( REDS) presentou a finais do ano 2018 un informe pioneiro chamado “Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 100 cidades españolas”, que ten por obxectivo, o de apoiar ás administracións locais, para que avalíen os avances na aplicación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, utilizando para iso un total de 85 indicadores e uns paneis que simulan o código dun semáforo, verde, amarelo, laranxa e vermello, que reflicten o cerca ou lonxe que se está do cumprimento dos ODS.

Os resultados do informe no concernente á cidade de Lugo son malos, xa que dos 16 obxectivos analizados (o de Vida Submarina non é de aplicación) soamente un cualifícase como verde, é dicir, hai un total de quince obxectivos que aínda non se cumpriron.

O Informe sinala que das 100 cidades españolas estudadas, a maioría teñen máis obxectivos cumpridos que o de Lugo, por tanto, é necesario que o Concello de Lugo adopte as medidas necesarias para cambiar esta situación, a través de políticas que teñan por obxecto o cumprimento dos ODS, por iso, dende o Grupo Municipal Popular entendemos que é necesario crear unha Comisión formada por representantes da Corporación Municipal e de técnicos municipais, para que se establezan estratexias que vaian dirixidas ao cumprimento dos ODS, así como para render conta periodicamente do cumprimento dos mesmos, podendo invitar a participar nesta comisión aos distintos actores sociais de diversos ámbitos que poidan ter interese nos ODS.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Crear unha comisión que teña por obxecto avaliar os avances na aplicación da axenda 2030 de desenvolvemento sostible, formada por representantes da Corporación Municipal e técnicos municipales

Responder

fifteen + nine =