O PP consegue o apoio de PSOE e BNG para adherirse ao VioGén

By 31 Outubro, 2019 Policia, Proposición, Seguridade

O Grupo Municipal do Partido Popular consegue o apoio do pleno para que o Concello de Lugo se una ao programa VioGén, algo para o que levan 15 anos pensando si se sumaban a este protocolo contra a violencia de xénero, algo para que estarán vixiantes para que o acordo se cumpra canto antes.

O Ministeiro do Interior ofrece aos Concellos que conten con Policía Local, no marco do Convenio asinado coa FEMP no ano 2006 a posibilidade de adherirse ao protocolo de Violencia de Xénero coñecido como VioGén. O seu obxectivo é establecer unha fluída coordinación entre todas as Forzas e Corpos de Seguridade existentes en cada municipio, co fin de garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas. Nese protocolo recóllese a repartición de funcións e das vítimas ás que hai que facer un seguimento.
Na provincia de Lugo, o Concello que dispón de máis medios humanos e materiais é o de Lugo, por iso resulta incomprensible que a día de hoxe o Concello de Lugo non se adherira o devandito Protocolo, a pesar de que o Grupo Municipal do Partido Popular solicitouno en reiteradas ocasións.
O Concello de Lugo non debe escatimar medios para levar a cabo unha correcta e real cooperación con todas as institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrando toda a información de interese que se estime necesario.
Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
Instar ao equipo de goberno a que o Concello de Lugo inicie os trámites necesarios para adherirse ao Protocolo de Violencia de Xénero ( VioGén).

Responder

nineteen + 6 =