Os concelleiros populares critican a negativa do goberno local para aprobar un plan para abordar unha intervención global para o progresivo soterramento do cableado das fachadas da cidade para poñer punto final ao feismo, ademais de ser importante desenvolver este programa de soterramento do cableado por motivos de seguridade.

Nunha cidade que se congratula de ter tres Patrimonios da Humanidade e que está promocionando o seu Casco Histórico para que tamén sexa declarado, estase a descoidar de xeito chamativo a imaxe que está a dar o Concello de Lugo da nosa cidade. En portas de un novo Ano Santo que debería ser un revulsivo para o turismo e para que o Concello fixese un esforzo extra na promoción e acondicionamento da cidade, atopamos que a pràctica totalidade das fachadas dos distintos barrios están cubertas de cables. Uns cables, en moitos casos en desuso, e que na súa totalidade serían susceptibles de estar soterrados.

Resulta evidente que é imposible eliminar todos os cables da totalidade das fachadas da cidade nunha soa vez, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica pero, en calquera caso é necesario afrontar esta problemática sen máis demora para que este feísmo se suprima no menor tempo posible. Dende o Grupo Municipal do Partido Popular consideramos que o Concello de Lugo debe fomentar o soterramento de todos os cables aéreos e de fachadas da cidade dun xeito progresivo.

No ánimo de lograr unha cidade cunha imaxe atrativa para o turismo e a actividade económica, cultural, social… así como acolledora para os seus veciños, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita:

  • A elaboración dun plan de intervención global para o progresivo soterramento do cableado aéreo e das fachadas que sirva de garante para a seguridade dos veciños, que inclúa:
    • Elaboración dun mapa identificativo con todos os puntos da cidade onde hai cableado e postes
    • Redacción dos proxectos técnicos correspondentes para a adecuada renovación e soterramento de cada un deles
    • Cronograma de actuacións priorizando de forma gradual aqueles puntos que xeneren maiores problemas e perigos potenciais

Establecer convenios con empresas subministradoras para avanzar na eliminación dos cables da súa

Leave a Reply

16 + 20 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies