O Grupo Municipal do Partido Popular critica o cambio de criterio do bigoberno, que agora vota en contra da unión dos paseos do Miño e do Rato, unha iniciativa que apoiaron hai uns anos, cando os populares tamén defenderon unha proposta semellante no pleno.

Despois de máis de 20 anos sen incrementar nin un só metro cadrado de zonas verdes no entorno fluvial da nosa cidade, faise necesario un esforzo por parte do Concello de Lugo para conquerir a unión dos parques do Río Rato e do Río Miño. A adquisición de algo máis de 39.000 m2 na unión de ambos parques, na conexión da N-VI ca Avda. de Madrid, permitiría a consolidación dun gran parque periurbano que atenda as necesidades recreativas e de ocio da poboación lucense, formando un anel verde que dará continuidade ós sendeiros, instalacións deportivas e de ocio ó aire libre.

Os gobernantes teñen a obriga de sacar o maior rendemento aos recursos que temos na cidade, e os cursos fluviais dos ríos Miño e Rato deben consolidarse como eixes vertebradores das actividades lúdico-deportivas en Lugo, sendo ademáis un foco máis de atracción do turismo e mellorando a imaxe do municipio.

Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita:

• Inicio das xestións oportunas para a adquisición de todas as parcelas sitas entre os parques do río Miño, do río Rato e o parque da Tolda coa finalidade de unir íntegramente ambos parques e completar o parque periurbano da cidade.
• Elaboración dun plan de mellora e mantenemento do Paseos do Miño e do Rato.
• Instalación de mobiliario e aparellos para o fomento de actividades deportivas, sendeirismo, parques infantís e de exercicios para maiores e mozos ó aire libre.

Leave a Reply

12 + 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies