OutrosProposiciónTransparencia

Proposición para paliar o déficit de profesionais especialmente en atención primaria

By 25 Abril, 2019Sin comentarios

Na sanidade pública galega dispoñemos dos recursos necesarios para unha axeitada cobertura asistencial, se ben é evidente que a situación de “paro case 0” en medicina familiar e comunitaria, ou “paro 0” en pediatría, que afecta a todas as Comunidades Autónomas nestes momentos, representa unha gran-de dificultade, e imposibilita a cobertura de todas as ausencias dos titulares, aos que temos que agradecerlles o esforzo para garantir a excelente calidade asistencial que dispensamos.

É sobradamente coñecido que en Galicia, e no resto de España, existe un déficit de pediatras. España é un dos poucos países en Europa que aposta pola Pediatría en Atención Primaria, e Galicia, dentro do contexto nacional, é unha das comunidades con maior taxa de cobertura pediátrica, próxima ao 90%.

Non hai dúbida de que dispoñemos dunha atención primaria excelente, accesible e resolutiva, dotada de profesionais competentes, non exenta de dificultades, como as tensións derivadas da ausencia de persoal substituto e dunha viraxe socio demográfica cara á cronicidade e á pluripatoloxía, propias do envellecemento, que fan necesaria unha evolución do modelo exitoso do que temos desfrutado ata agora.

Dende o Servizo Galego de Saúde téñense tomado importantes medidas de mellora dende hai anos (OPES anuais, prolongación da idade de xubilación, concurso aberto e permanente, carreira profesional, contrato de continuidade), pero é o momento de ir máis aló.

Por iso, en decembro iniciamos un proceso, o máis participativo en aten-ción primaria, que non conta con antecedente na nosa Comunidade e posible-mente en ningunha outra.

Porque as medidas a adoptar pasan inescusablemente pola participa-ción de todos: as Administracións públicas, os profesionais e a cidadanía, por-que todos somos responsables de manter o que tanto tempo nos levou constru-ír. Imponse o diálogo e as decisións compartidas.

Non todas as medidas corresponden á Administración Autonómica, ne-cesitamos do Goberno Central e doutras administracións.

Por todo isto, o grupo municipal popular do concello de Lugo solicita ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS, polos que se insta ao Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social a:

1. Impulsar unha norma que flexibilice e axilice o procedemento de acre-ditación de Unidades docentes para a Formación Sanitaria Especializada que permita aumentar a oferta de prazas de formación de especialistas (Médicos de Familia e Pediatras), e axilizar, do mesmo modo, a acreditación das Unidades docentes pendentes, especialmente naquelas especialidades consideradas como deficitarias polas Comunidades Autónomas (Médicos de Familia e Pedia-tras).
2. Poñer en marcha a vía extraordinaria de acreditación de persoal de enfermería especialista en Enfermería Familiar e comunitaria.

3. Eliminar a taxa de reposición que se ven aplicando no ámbito das ins-titucións sanitarias e permitir con elo a convocatoria de Ofertas Públicas de Emprego que permitan incrementar a estabilidade dos profesionais sanitarios dos Servizos de Saúde nas especialidades que sexan deficitarias (Médicos de Familia e Pediatras).

4. Modificar a normativa pola que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde para incen-tivar a retención de especialistas en prazas de difícil cobertura ou en especiali-dades deficitarias nomeadamente en Atención Primaria, establecendo un crite-rio homoxéneo para a catalogación destas prazas.

5. Reducir os prazos de tramitación e resolución dos expedientes de homologación de títulos de especialista extracomunitarios.

6. Poñer en marcha o Rexistro Estatal de Profesionais sanitarios para poder realizar, en base ao mesmo, os estudos de necesidades de especialistas precisos para as sucesivas convocatorias de prazas de especialistas en forma-ción.

7.Recoñecemento dos traballadores sociais como profesionais sanita-rios.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies