Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular non entenden a postura tomada polo PSOE e o BNG para denegar a petición dos populares de crear unha pista de motocrós no Concello de Lugo e así dar resposta ás reiteradas peticións realizadas polos afeccionados a este deporte na cidade.

No ano 2018 a alcaldesa de Lugo comprometeuse, na recepción a Jorge Prado, a habilitar, en breve, unha pista de motocrós. Cando Jorge Prado acada o seu primeiro triunfo no máximo nivel mundial, ó gañar a proba do Mundial de MXGP en Italia, é un bó momento para que o concello de Lugo retome esta promesa da mandataria e impulse un circuito municipal para a práctica de motocrós e para outras modalidades como o trial, cronos de enduro, quads… nunha parcela de titularidade municipal de 6,58 hectáreas que está situada no antigo vertedoiro de Teixeiro. O investimento necesario para a posta en marcha do circuito é máis que asumible para o Concello de Lugo, según os expertos consultados, que despois debería buscar unha fórmula de cesión da explotación, para permitir que estas instalacións podan sacar todo o seu rendemento e facer do circuito un referente para os afeccionados a esta disciplina

A zona elexida é idónea pola orografía do terreo, polo entorno e polas posibilidades futuras de ampliación para albergar outras modalidades como motocrós de iniciación, trial, quads e cronos de enduro.

Trátase dunha inversión cun retorno na cidade, xa que si se asume esta reforma con ambición, estaríamos a falar dun circuito que podería acoller competicións a nivel nacional, unha modalidade que actualmente require o desplazamento a lugares como As Neves ou A Bañeza, o que supón un condicionante importante para os afeccionados a esta disciplina que ven coartadas as súas posibilidades para a práctica da mesma. Pero o proxecto debe ter as dimensión e características de deseño axeitadas para que a medio prazo poda optar a probas internacionais.

Na provincia de Lugo hai milleiros de afeccionados aos deportes de motor e, concretamente en Lugo, hai centos de afeccionados ao motocrós, enduro, trial, quads… que precisan de instalacións deste tipo para poder practicar o seu deporte.

Este circuito sería ademáis un polo de atración de afeccionados de toda Galicia, Noroeste de España e Norte de Portugal, deixando importantes ingresos na nosa cidade, xa que estas probas atraerían a milleiros de persoas afeccionadas, como está a acontecer nos lugares nos que se organizan estas probas actualmente.

No ánimo de facer do motocrós un deporte accesible e practicable na cidade de Lugo, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita:

· O acondicionamento dun circuito de motocrós na parcela do antigo vertedoiro de Teixeiro que se converta nun referente en Galicia para os afeccionados a esta modalidade deportiva.

Leave a Reply

16 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies