O PP lamenta que tanto PSOE como BNG opten por das as costas aos veciños do rural lucense

By 31 Outubro, 2019 Proposición, Zona rural

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta fondamente a postura que o bigoberno do Concello de Lugo tomou esta mañá ao negarse a apoiar e, deste xeito, negar a creación dun para programa de mobilización de terras municipais no rural, do que se beneficiarían centos de lucenses.

O Concello de Lugo segundo o seu inventario é titular de montes veciñais e oturas parcelas rústicas, moitas delas están abandonadas e son improductivas, por tanto, é preciso reverter esa situación co obxecto de que poidan ser utilizadas e xere un impacto positivo na zona, nese sentido, a mobilización de terras agrarias actúan como un factor de dinamización social e económica na zona rural e contribúe activamente á prevención e loita contra os incendios forestais, de igual forma, a súa explotación e posta en valor, xeraría unha actividade económica axudaría a fixar poboación.

O establecemento dun instrumento de identificación de áreas que sexan susceptibles de explotación, resulta primordial para así poder actuar sobre aquelas parcelas e terras que poidan xerar valor, nese sentido, o Concello de Lugo tería que actualizar o inventario municipal para coñecer con exactitude o tipo de parcelas existentes e as características das mesmas, para posteriormente definir un plan de acción dirixido a revitalizar estas terras, as cales poderían ser explotadas por veciños, gandeiros, agricultores ou cooperativas, que en moitos casos verian incrementadas a súa base territorial e consiguientemente a súa produtividade.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1. Instar o equipo de goberno a que realice un estudo da situación actual de todas as parcelas agrarias de titularidade municipal e montes comunais, co fin de coñecer o uso e estado actual das mesmas, así como detectar posibles erros catastrais.
2. Instar o equipo de goberno a que unha vez realizada a actualización das parcelas agrarias de titularidade municipal e montes comunais, se poñan en valor as mesmas, a través da cesión de uso aos veciños para o seu aproveitamento o que serviría para darlles seguridade e garantías no seu uso.

Responder

5 + 19 =