O GMPP acada a unanimidade para que o bigoberno impulse a creación do Paseo Interior da Muralla

By 30 Xaneiro, 2020 Proposición, Urbanismo

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou hoxe o compromiso do bigoberno para que se impulse a creación do Paseo Interior da Muralla, algo para o que os populares agardan que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo se poñan a traballar para que esta proposta non quede gardada nun caixón.

O centro histórico da cidade precisa seguir avanzando na súa recuperación e posta en valor para que poida ser declarado Patrimonio da Humanidade, nese sentido o impulso do paseo interior da muralla resulta capital, aínda que lamentablemente bótase en falta un proxecto único que permita levar a cabo actuacións de forma programada, xa que na actualidade o denominador común é a improvisación, a inconsistencia e a falta de compromiso político, que se manifesta pola falta de partidas orzamentarias nos últimos anos que impiden que o paseo interior da muralla avance a un ritmo adecuado.
A falta de dirección e liderado político dos gobernos presididos polo PSOE e nos que o BNG formou parte en diferentes etapas, provocou que nos últimos anos non se liberara espazos que permitan habilitar os tramos necesarios para completar o paseo interior da muralla.
Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:
Iniciar os trámites para impulsar un proxecto único para a construción integral do paseo interior da muralla, establecendo un espazo temporal e partidas orzamentarias suficientes para a súa execución, revisando o PEPRI e demais normativa municipal se fora necesario para tal fin.

Responder

fifteen + sixteen =