EconomíaInfraestruturas

O PP lidera a unanimidade do pleno para que sexan os políticos responsables os que asuman a indemnización millonaria da Fábrica da Luz

By 25 Xuño, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP explica que grazas a iniciativa presentada polo seu grupo, toda a corporación se puxo de acordo en que deben de ser as autoridades políticas responsables das decisións que se tomaron na Fábrica da Luz os que asuman as consecuencias derivadas dos seus actos, en lugar de que sexan todos os lucenses os que paguen

O pasado luns, 8 de xuño, La Voz de Galicia recollía nas súas páxinas a noticia da condena ao Concello de Lugo pola caducidade da concesión administrativa da Fábrica da Luz. Este é o desenlace dunha situación que este grupo xa advertira públicamente no ano 2019 e que non foi atallada por este equipo de goberno nin polo anterior, máis ben, según o recollido na sentencia e publicado nos medios, parece que foi propiciado polos mesmos.
É por elo que esta falta de responsabilidade non debe quedar exenta, e ó amparo do artigo 36 da Lei 40/2015, unha vez indemnizados os lesionados, esixirá de oficio en vía administrativa das súas autoridades a responsabilidade na que houberan incurrido por dolo, culpa ou neglixencia, previa instrución do correpondente procedemento.
Dado que o procedemento a seguir se sustanciará conforme ó disposto na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, é menester que a corporación municipal proceda a iniciar os mesmos co obxectivo de que o custe da irresponsabilidade de determinados cargos públicos non teña que ser asumido por todos os veciños de Lugo e sí por quen pode realmente ter a responsabilidade do desenlace ó que nos levou todo esta falta de actuacións polos equipos de goberno que xestionaroneste concello nos últimos anos.
Se o goberno que dirixía esta administración naquelas datas e o que o fai actualmente non foron quen de reaccionar ante a situación que se vía vir, tal como manifestou este grupo municipal no mes de xaneiro do 2019, non é de xustiza que os veciños de Lugo teñan que ser quen de asumir o custo ó que nos levou a inacción dos cargos políticos responsables do mesmo.
O grupo municipal do PP xa manifestou en numerosas ocasións as irregularidades que levou consigo toda a tramitación desta concesión que se iniciou no ano 2008 e que xa se preveía que estaba condenada ao fracaso dende entón. A falta de firma en prazo da prórroga da concesión ou retrasos na tramitación en xeral, fan indefendible por parte deste equipo de goberno a actuación levada a cabo e inexcusable a búsqueda de responsabilidade entre as autoridades que xestionaron este asunto.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

1. O Concello de Lugo iniciará os trámites previstos nos artigos 36 e 37 da Lei 40/2015 do Réximen Xurídico do Sector Público e na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas para esixir de oficio a responsabilidade das “autoridades públicas” no relativo ao procedemento da Fábrica da Luz.

2. O Concello de Lugo inicie un estudio das alternativas para os usos futuros da intalación da Fábrica da Luz.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies