EconomíaProposición

O PP acada a unanimidade do pleno para reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez que ingrese ao Concello de Lugo as contías do IVE non liquidadas do exercicio 2017

By 29 Outubro, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou a unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo se una á reclamación da FEMP e da FEGAMP para que o Goberno de Pedro Sánchez devolva aos concellos e deputacións as contías do IVE non liquidadas do exercicio 2017.

No ano 2017 a Axencia Tributaria (AEAT) implantou un novo sistema de xestión do IVE baseado no Suministro Inmediato de Información (SII), que posibilita a levanza case inmediata dos rexistros de facturación a través da Sede Electrónica da AEAT.

Porén, no informe anual de recadación tributaria da AEAT (ano 2017) constátase que este novo sistema de xestión do IVE provocou un desprazamento de ingresos ao exercicio 2018.

Así, expresamente dise no precitado informe da AEAT: “La entrada en vigor de esta nueva forma de gestión vino acompañada de un retraso en la fecha límite de presentación de las declaraciones mensuales (del 20 al 30 del mes posterior al mes de devengo). La consecuencia fue que las declaraciones devengadas en un mes cualquiera que anteriormente se contabilizaban en el mes siguiente pasaron en su mayor parte acontabilizarse dos meses más tarde. En el conjunto del año, por tanto, solo se contabilizaron, para las empresas acogidas al nuevo sistema, 11 meses de ingresos (el mes de noviembre que antes serecaudaba dentro del año pasó a registrarse en enero del año siguiente).Junto a este desplazamiento de ingresos, el nuevo sistema posibilitó una realización más ágil de las devoluciones, de manera que también por este lado hubo una disminución de ingresos: devoluciones mensuales correspondientes a los últimos meses del año que antes se hubiesen realizado en los primeros meses del siguiente, se realizaron dentro del año 2017. En total ambos cambios significaron un traslado de ingresos de 2017 a 2018 por valor de 4.150 millones”.

Como consecuencia da implantación desta medida, a participación das entidades locais nos Ingresos Tributarios do Estado (ITE) caeu dun xeito significativo. As cuantificacións realizadas superan a cifra dos 750 millóns de euros, dos que 54 millóns corresponderíanlle aos 313 concellos e as 4 deputacións galegas.

O desaxuste contable deriva dunha decisión tomada polo Ministerio de Hacienda cuxo impacto, en virtude do principio de lealdade institucional, debeu ser compensado no exercicio da liquidación. Sen embargo, sucedeu o contrario, obrigouse as entidades locais a reintegrar unhas importantes contías ao Estado en virtude dunha liquidación viciada polo efecto do SII (-32,8 millóns de euros no total de Galicia).

No caso do noso concello a estimación de entregas a conta do ano 2017 foi de 18.047.149,91€ e a participación nos ITE tras a implantación SII reduciuse a 17.464.261,62€, o que nos obrigou a reintegrar ao Estado -582.888,29€. Polo tanto, o Estado debería devolvernos esta contía, así como ingresarnos os 314.384,80€ que nos corresponderían pola liquidación na Participación nos Ingresos Tributarios do Estado se non se aplicase o SII, máis  195.519,50€ pola cesión directa de IVE. Isto faría un total de 1.092.792,59€ (582.888,29€+314.384,80€+195.519,50€).

A FEGAMP e a FEMP reclamaron en varias ocasións ao Ministerio de Hacienda unha solución a esta problemática, asegurando os seus máximos representantes que esta situación non tiña “xustificación real” ou que “ya estamos hablando con el Gobierno de España y claro que se va a recuperar el dinero del IVA”.

Porén, os meses pasan e nestes momentos os concellos necesitamos non só recuperar uns ingresos que lexitimamente nos pertencen, senón tamén liquidez para facer fronte as necesidades sanitarias e sociais derivadas da pandemia.

Estamos ante unha situación inxusta e prexudicial para os municipios galegos que vemos diminuída a nosa capacidade de financiamento e os nosos recursos.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

  1. Declarar o apoio deste Concello ás reivindicacións da FEGAMP e da FEMP para que o Goberno de España ingrese ás entidades locaisas as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do Suministro Inmediato de Información (SII).
  2. Instar ao Ministerio de Facenda a que ingrese a este Concello 1.092.792,59€ en concepto de cantidade non liquidada de IVE correspondente ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do Suministro Inmediato de Información (SII).
  3. Dar traslado destesacordos ao Ministerio de Facenda, á Xunta de Galicia, á FEGAMP e á FEMP”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies