InfraestruturasMedio Ambiente

O PP urxe a abrir Lugo ao río unindo os paseos do Miño e Rato, iluminando e habilitando unha senda segura en Ombreiro

By 19 Xuño, 2018Sin comentarios

O voceiro popular do Concello de Lugo, Antonio Ameijide xunto coa deputada provincial Mari Teijeiro reclamou aos socialistas que “completen o cinto verde de Lugo” e que “aproveiten a financiación europea do Muramiñae e os orzamentos municipais e provinciais para impulsar a rede de sendas peonís e de bicicletas utilizando o río Miño como vertebrador deste proxecto de acondicionamento de espacios seguros de ocio, deporte e esparcemento”

O Partido Popular critica que os socialistas desaproveiten os cursos fluviais do Miño e o Rato ao seu paso pola cidade para consolidar un gran parque periurbano continuo en Lugo.

O voceiro popular do Concello, Antonio Ameijide, e a deputada provincial Mari Teijeiro cuestionaron a xestión do PSOE en relación co impulso do anel verde de Lugo lamentando que “nos tres mandatos que leva o PSOE no goberno do Concello e na Deputación non fixo nin un só metro cadrado para completar e ampliar o cinto verde da cidade”. Os populares matizaron que “seguimos cos mesmos problemas de sempre: un trazado cortado á altura de Arias Nadela; problemas de mantemento dos camiños e o mobiliario; falta de iluminación; falta de ideas  para crear zonas seguras para os ciclistas e os peóns …” .

O Plan estratéxico que propón o Partido Popular e que se presentará como iniciativa conxunta en Deputación e Concello contempla tres eixos baseados no río Miño como vertebrador de espacios seguros de ocio, deporte e esparcimento.

 

Primeiro.- Ampliar zona verde coa adquisición de terreos necesarios para completar e unir o paseo do Miño e o Rato.

Os populares queren saber cales son as xestións que realizou a alcaldesa de Lugo para completar os paseos do Miño e do Rato facendo de titulariedade municipal o tramo, duns 500 metros, situado fronte a Arias Nadela. Estamos falando de 39.000 m2 aproximadadmente que, na actualidade, presentan un estado selvático. A unión do Paseo do Rato e do Paseo do Miño fortalecería o anel verde de Lugo e permitiría aos usuarios facer un percorrido continuo.

Existen dous acordos plenarios, iniciativa do PP, nos que se instaba ao goberno socialista a iniciar as xestións oportunas cos propietarios das parcelas situadas entre o Paseo do Miño e do Rato para adquirir os terreos e completar o parque periurbano. Tamén se instaba a Deputación a conservación axeitada do sendeiro dende a desmbocadura do Rato ata a Fervenza ao longo do río Miño.

 

Segundo . Creación dunha  senda protexida para ciclistas e peóns e iluminación no Paseo de Ombreiro.-

Numerosos lucenses utilizan esta zona para a práctica de deporte a diario pero trátase dun percorrido perigoso pola velocidade coa que circulan os vehículos por esta vía que comunica Lugo con Ombreiro así como a falta de espazos para os peóns. A lonxitude do treito onde actuar é de 2.7 km metros co que se ampliarían as oportunidades para a práctica segura do ciclismo na nosa cidade.

Os populares tamén reclaman a iluminación deste tramo para poñer en valor esta zona e permitir o seu uso nun horario máis amplo xa que no inverno a partir das 19.00 horas, en moitos tramos, está a oscuras. A zona do Paseo de Ombreiro que discorre paralela á LU-P-2902, así como os tramos que están en penumbra do Paseo do Miño deben ser unha prioridade.

 

Terceiro.-  Plan Estratéxico de mantemento e creación sendeiros biosaudables con paneis informativos

Tamén é necesario redobrar os esforzos para manter os camiños interiores e o mobiliario do parque periurbano en perfecto estado. Os populares reclaman que se homoxenice a cartelería así como as futuras adquisicións de mobiliario urbano que se instale en todo o cinto verde de Lugo independentemente que sexan responsabilidade da Deputación como do Concello.

Os populares propoñen sacar máis partido ao cinto verde de Lugo coa instalación de elementos para a práctica de diferentes modalidades deportivas, sendeirismo, e parques de exercicio ao aire libre.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies