O PP teme que a parálise do PSOE provoque un Garañón 2 na fábrica da luz

By 8 Setembro, 2017Economía
Fabrica luz 1

O voceiro popular Antonio Ameijide acusa á alcaldesa “de manexar o concello como o seu cortijo”  recriminándolle que permita ao concelleiro de obras “antepoñer os seus ideais aos intereses dos lucenses” una actitude que “podería condenar aos veciños de Lugo a pagar indemnizacións millonarias”

O Grupo Popular solicitará a comparecencia en pleno do concelleiro socialista Daniel Piñeiro para que clarifique a situación na que se encontra a concesión da fábrica da luz logo de coñecerse que houbo un retraso, por parte do goberno local, para solicitar a súa prórroga.

O voceiro popular advirte que “por mor deste desgoberno socialista, os lucenses nos poderíamos ver expostos a indemnizacións millonarias” responsabilizando a alcaldesa “por manexar o concello como o seu cortijo” e de permitir que o concelleiro de obras “antepoña os seus ideais  aos intereses dos lucenses”.

Para os populares a situación na que se atopa este edificio “é un novo reflexo do abandono e a nefasta xestión municipal do goberno do PSOE que tamén, aquí, puxo en práctica o urbanismo á carta”. Antonio Ameijide considera “un despropósito que, logo de 18 anos, pola falta de ideas ou ben porque se pensaba noutros intereses os lucenses podamos ter que asumir unha nova indemnización” equiparando este caso co do Garañón.

Ameijide explicou que “un inmoble como este, incluído no catálogo de elementos protexidos e que ten unha situación privilexiada debería ser un activo, e non unha carga”. Dende o PP lamentan a situación na que se atopa a fábrica da luz lembrando como na época de Orozco-Liñares o canon da concesión que aprobou o goberno socialista era ridículo “regalaron por 450€, durante 38 anos, un patrimonio de todos”. Tamén detallou que se gastaron preto de 2M€  para recuperar, tanto o interior como o exterior do edificio.

O popular insistiu en que o goberno como promotor das obras para poñer en marcha a fábrica da luz ten unha responsabilidad directa e, nese senso, xa pediu acceso ao expediente completo para analizar os posibles incumprimentos nos que pudiera ter incurrido. “O que está claro é que o proxecto está máis paralizado que nunca, que o edificio lonxe de revertir para uso e disfrute dos luceses súmase á longa lista de inmobles municipais abandonados e sen uso”, reflexionou.

O PP ata en tres proposicións presentou unha batería de ideas para utilizar e poñer en valor estas dependencias como era adicar parte deste edificio a albergar a Escola de Pesca e outro espazo vinculado ao piragüismo a maiores de dotala dunha aula de natureza para explicar cómo evoluciona un sistema eco-fluvial.

Responder

19 − 10 =