O PP teme que o Concello pretenda desbloquear o Centro de Día de Raiolas do campus cargándolle os custes de urbanización á entidade

By 8 Novembro, 2017Servizos sociais
PPLugo, PPdeLugo, Noticias Lugo, Noticias de Lugo, Novas Lugo, Novas de Lugo, Concello de Lugo, Ayuntamiento de Lugo, Ciudad de Lugo, Cidade de Lugo

A concelleira popular Mari Teijeiro desvelou que, a estas alturas, o goberno de Lara “ainda non comprobou se o edificio, pendente da concesión de licencia municipal, ten servizos de saneamento suficiente, subministro de enerxía eléctrica, alumeado público, enganche á rede de auga e caudal así como accesos e pavimentado rodado”

O Partido Popular reclamou hoxe ao goberno local que resolva, de xeito urxente, a petición de solicitude de licencia para o Centro de Día de Raiolas do Campus “para desbloquear esta rocambolesca situación” que é “unha máis” das consecuencias da política de xestos do “PSOE en estado puro”. A popular refírese á entrega dos socialistas da Deputación, en setembro de 2014, dun edificio que non reunía as condicións necesarias para albergar esta dotación.

A concelleira do PP Mari Teijeiro expresou o seu temor de que “Lara Méndez, para dar carpetazo a este asunto, intente cargarlle os custes de urbanización á entidade social” matizando que estaríamos falando duns “30.000 ou 40.000 €”. Dende o Grupo Popular entenden que “o Concello debe esixir que sexa a Deputación a que sufrague as obras pendentes que bloquean a concesión da licencia” explicando como “no documento de cesión, asinado entre a entidade provincial e a Asociación non figura, en ningún lugar, que teña que asumir o concesionario estes traballos”.

A edil explicou que son “os propietarios dos terreos os que deben completar a urbanización necesaria para que obtenían a condición de solar e, por tanto afrontar os custes de urbanización para completar os servizos urbanos e executar as obras necesaria para conectar coas redes de servizos e viaria en funcionamento”.

Teijeiro recriminou “o desinterese do goberno de Lara para solucionar este asunto” lembrando que a petición de licencia, presentada por esta entidade social, se cursou hai dous anos e que dende aquela “o goberno local ainda  non comprobou se o edificio, pendente da concesión de licencia municipal, ten servizos de servizos de saneamento suficiente, subministro de enerxía eléctrica, alumeado público, enganche á rede de auga e caudal así como accesos e pavimentado rodado”.

A concelleira popular afirma que a parálise do goberno socialista está afectando, neste caso, ás 60 familias de Raiolas que “xa perderon 3 anos de disfrute deste servizo e, ademáis,  poderían quedarse sen preto de 100.000 € de subvencións”.

A concelleira popular avanzou que ademais de solicitar acceso ao expediente pedirán, que se reuna de forma urxente, a Comisión de Seguimento que contempla o convenio asinado en setembro de 2014 para o control e a execución do citado acordo. A popular tamén preguntará “se os tres anos perdidos se van a rebaixar aos 20 de cesión que figuraban no acordo entre a Diputación e Railas”.

Responder

one × three =