Obras

O PP solicita a retirada dos carteis de obras e paneis informativos que levan abandonados, nalgún caso, 15 anos

By 25 Agosto, 2017Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Popular Ángel Trabada presentou un inventario de paneis esquecidos en diferentes puntos da cidade afirmando que “supoñen un elemento de feísmo urbanístico que reflicte o pasotismo dos socialistas por mellorar a imaxe de Lugo”

O Grupo Municipal do Partido Popular quere que se quiten os carteis de obras e paneis informativos que están repartidos por toda a cidade. O concelleiro popular Ángel Trabada asegura que “son moi contadas as veces nas que se retiran estes paneis unha vez terminada a obra que anuncian” e por ese motivo piden ao goberno socialista que nos pregos de condicións de obras se inclúa unha cláusula que obrigue ás empresas adxudicatarias a sacar estes paneis en canto finalice o prazo da garantía da obra realizada. “Queremos eliminar os carteis que están en mal estado e que máis aló de xenerar un impacto visual negativo”.

O popular recrimina aos socialistas a súa despreocupación por ofrecer a mellor imaxe posible de Lugo e lle lembra á alcaldesa que “manter a cidade en boas condicións é a súa responsabilidade”. “Moitos dos cartelóns abandonados mesmo se convirten en marcos para grafitos afeando o entorno que se pretendía mellorar coa obra en cuestión”.

No inventario de carteis de obras públicas xa rematadas en Lugo se contabilizan preto dunha veintena de diferentes administracións: un dos carteis máis antigos, de hai 15 anos, está situado  en Acea de Olga nel se detalla a relación de vías públicas deste polígono; tamén hai outros paneis que publicitan a rexeneración do firme, un panel dun plan municipal da Rúa dos Agros e outro panel da Deputación, na Ronda de Fingoi, que  presenta os traballos de rexeneración do seu pavimento.

Ao popular tamén chámalle a atención que haxa carteis chantados en zonas especialmente sensibles como o situado no acceso a Lugo pola Chanca do Camiño Primitivo. Tamén hai outro panel de grandes diensións na Avenida Infanta Elena, neste caso ilexible, xa que aparece por completo en blanco.

Por último o popular ironizaba con outro cartel emblemático da xestión do PSOE de Lugo o que anuncia a obra da Biblioteca da Piringalla ou o da rehabilitación fábrica da luz “quizais os socialistas como teñen atascados tantos proxectos necesitan manter en pé algúns destes cartelóns para que pareza que teñen algo entre mans e que están facendo algo”.

Ángel Trabada concluiu que esta proposta “súmase ás diferentes iniciativas que os populares presentaron, nas últimas semanas, para evitar o feísmo urbanístico” como son “o uso dos escaparates baleiros como soportes para colocar información de eventos culturais ou identificativos da cidade (Camiño Primitivo, Catedral ou Muralla) ou a organización dun concurso para que que os armarios de instalacións eléctricas e de tráfico se decoren con ilustracións, fotografías ou poemas

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies